Préstamos convidos
O promotor poderá obter préstamos convidos sen subsidiación, pola
totalidade do orzamento protexido, cun período maximo de amortización de 15 anos (mais 3 anos de
carencia).
Os propietarios e inquilinos poderán subrogarse neste préstamo, ou
obter préstamo directo, sen subsidiación, no caso de que o promotor non tivera préstamo convido,
que poderá ascender á diferenza entre o importe da rehabilitación e as subvencións concedidas. Por
un prazo máximo de 15 anos, e un período de carencia de 2 anos ampliable a 3.
Subvencións
1. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda de
ata un máximo do 40% do orzamento protexido (custo máximo de execución da rehabilitación
computándose unha superficie útil máxima de 90 m
2 /vivenda) cunha contía media por vivenda rehabilitada de 5.000 € (que pode elevarse en
centros históricos e en municipios rurais a 6.600 €, sempre que a contía total das subvencións non
exceda do 50% do presuposto protexido total da ARI).
2. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda de
ata o 20% do orzamento total das obras de urbanización e reurbanización e con límite do
20% da subvención á que se refiere o punto anterior (que pode elevarse en centros históricos e en
municipios rurais ata o 30%, co límite do 30% da subvención) .
3. Unha subvención para a financiación parcial do custe dos equipos de
información e xestión, cun importe máximo quen on poderá excede rdo 50% de dito custo nin do 5% do
presuposto total da ARI.
4. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da
Vivenda e Solo de ata o 40% do orzamento protexido das obras de rehabilitación de edificios e
vivendas, sen que a subvención media poida exceder de 5.000 € por vivenda rehabilitada.
5. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da
Vivenda e Solo de ata o 20% do orzamento das operacións de urbanización e reurbanización, sempre
que a contía resultante non exceda do 20% da subvención que corresponda como consecuencia do punto
anterior.
6. Respecto ao total das axudas, cómpre ter en conta o límite
establecido no artigo 75 da lei de Vivenda de Galicia, do 75 % do custo do orzamento
protexido.