Inicio

Xunta de Galicia

ÁREAS DE REHABILITACIÓN

Procedemento e documentación

As ARIs declaranse pola Xunta de Galicia por resolución do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, logo de telo solicitado un concello que pretenda acollerse ao programa de financiamento previsto para as mesmas no RD 2066/2008 e no D402/2009.
A documentación que un concello debe achegar para acollerse á Área de Rehabilitación Integral estará composta por:
  1. Escrito de solicitude do alcalde dirixido o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xunto coa documentación prevista no artigo 48 do Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro.
     
  1. Á vista do escrito e da documentación presentada, o Instituto Galego de Vivenda e Solo procede á declaración de Área de rehabilitación Integral (ARI) para a zona solicitada e a notifica ao Concello e ao Ministerio de Vivenda.
      
  2. Unha vez declarada unha ÁRI, e para obter o financiamento de axudas á rehabilitación, O IGVS comunica ao Concello o número de actuacións protexibles que serán obxecto de acordo para unha fase de actuacións e lle solicita a documentación complementaria adaptada ao número de actuacións. Recibida a documentación analízase e, unha vez completa, envíase ao Ministerio de Vivenda.
      
  3. Sinatura do acordo no seo da Comisión Bilateral de Seguimento entre o Ministerio de la Vivenda e o Instituto Galego de Vivenda e Solo con participación do Concello. Neste acordo concretaranse as achegas financeiras e as súas fórmulas de pagamento, os compromisos das administracións asinantes e as fórmulas específicas de seguimento para a liquidación efectiva da subvención. A partires deste momento o concello deberá proceder a convocar axudas para unha nova fase de actuacións.
     
O concello, ademais, deberá poñer en funcionamento, de se-lo caso, se non o fixo con anterioridade, un portelo único -oficina de rehabilitación para a información, fomento, xestión e control das actuacións e das axudas.