Inicio

Xunta de Galicia

ACTUAMOS NA REHABILITACIÓN

Presentación das actuacións en materia de rehabilitación

Trátase de facer unha aposta firme de políticas de axuda e mellora na conservación do rico e variado do patrimonio herdado como medio de mantemento da memoria e proceso de modernización con actuacións respectuosas.

O IGVS quere evidenciar a súa vontade de compromiso co patrimonio herdado e coa mellora da calidade e das condicións de vida das poboacións residentes en conxuntos históricos, núcleos e aldeas mediante políticas de axudas e subvencións á rehabilitación e renovación, con criterios ambientais de sustentabilidade, aforro enerxético e respecto da calidade e do patrimonio arquitectónico e territorial.

É tamén vontade do IGVS mudar para ben as condicións de vida das persoas que residen nestes espazos e nesta arquitectura, recuperando a convivencia e o dinamismo económico destes lugares, ás veces degradados ou en estado de abandono. É tamén obxectivo do IGVS rexuvenecer a súa poboación con políticas de fomento destas vivenda en réxime de aluguer.

As actuacións en materia de rehabilitación teñen que servir para a recuperación de materias e técnicas construtivas esquecidas, a creación de emprego mediante a formación, o uso das novas tecnoloxías que preserven e melloren a arquitectura herdada na busca dunha mellor calidade de vida e benestar de habitantes e visitantes.