Os
proxectos sectoriais de rehabilitación son aqueles baseados na recuperación
integral de áreas, non só dende un punto de vista de recuperación do patrimonio construído senón
tamén acompañado de iniciativas de desenvolvemento cultural e turístico ou de recuperación e
promoción medioambiental. Así, por exemplo, establécense iniciativas nos tres eidos:
- Proxectos asociados á
recuperación e rehabilitación de vivenda: promoción de
ecoaldeas, ou asentamentos que se integran respectuosamento co seu controno e que
apoia formas saudables de desenvolvemento baseadas no desenvolvemento local da produción e sistemas
agrícolas biodinámicos; apoio á
promoción pública de vivenda protexida ou
recuperación de aldeas abandoadas.
- Proxectos e iniciativas asociadas ao
desenvolvemento turístico e cultural: baseadas no aproveitamento e posta en valor
dos recursos propios coma augas medicinais, tradicións, posta en marcha de casas-museo, centros de
interpretación...
- Proxectos e iniciativas relacionadas coa
sustentabilidade e o medio ambiente: mellora dos aproveitamentos silvícolas,
aproveitamento micolóxico do monte, aproveitamento da biomasa para a produción de
pellets, escolas ambientais, campos de traballo na natureza...