Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Para quen » Para a empresa e promotores » Calidade na construción » Control de calidade na edificación

CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Control de calidade na edificación

As obrigas en canto á calidade na edificación veñen dadas polas directrices do Decreto 232/1993 e do Real Decreto 314/2006, polos que se regula o control de calidade na edificación. Porén o impulso á calidade verase reflectida nunha futura Lei de Calidade.

As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación.  Neste sentido xa o Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra.

Tamén debe recoller o presuposto de control de calidade, sendo necesario acredita-la realización do dito control para a obtención do certificado final de obra. Así mesmo obrígase a contratar os servizos dun laboratorio acreditado que cumpra cos requirimentos de independencia e obxectividade fronte a calquera interese externo. Finalmente este mesmo Decreto otórgalle o IGVS a facultade inspectora, de oficina ou por instancia de parte, para calquera obra en execución dentro de Galiza.