Inicio

Xunta de Galicia
Para a mocidade
Conceptos sobre vivenda que debes coñecer

GLOSARIO DE TERMOS

Do Q ao Z

  • Requisitos de acceso.
    Son unha serie de condicións a cumprir polo solicitante para poder optar aos diferentes programas de axuda á vivenda.
      
  • Rexistro da Propiedade.
    Organismo dependente do Ministerio de Xustiza que serve para inscribir e dar publicidade á propiedade dos bens inmobles e dos dereitos que recaen sobre os mesmos. Ten afuncion de levar os libros oficiais nos que consten todas as circunstancias que afectan ás fincas da demarcación correspondente ao dito Rexistro: cargas, transmisións, notas marxinais... É de consulta obrigada no caso de mercar unha vivenda que non teríamos a certeza sobre quen é o dono da finca nin sobre as cargas que recaen sobre a mesma.
     
  • Rexistro público de demandantes de vivenda.
    Creado a nivel autonómico, ten coma finalidade facilitar a xestión e o control na venda e adxudicación de vivendas, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de ditos procesos.  Deben inscribirse no Rexistro os que desexen optar á adquisición dunha vivenda de protección autonómica.
     
  • Subrogación.
    Acto de modificar as condicións dun contrato para substituír a unha persoa (física ou xurídica) por outra no exercicio dun dereito ou cumprimento dunha obriga existente en dito contrato. A subrogación dun préstamo hipotecario supón o cambio da entidade financeira ante a cal asume a obriga  de pago o prestatario. Existen dous xeitos de subrogar: subrogación con cambio de entidade financeira, no caso de que o prestatario cambie o préstamo a outra entidade que lle mellora as condicións do préstamo hipotecario a través dos tipos de interese (só permite a variación dos tipos de interese, debéndose respectar as restantes condicións do préstamo), e implican un aforro na apertura e formalización da nova hipoteca; e subrogación por asumir obrigas xa contraída, no que o comprador dunha vivenda asume os dereitos e obrigas doutra persoa e é habitual cando se merca unha vivenda directamente ao promotor da mesma.
     
  • Superficie.
    A superficie dunha vivenda refírese á suma total das áreas que conforman cada unha das súas instancias expresadas en metros cadrados. Pódense experesar coma SUPERFICIE ÚTIL considerando só a suma das áreas habitables (altura superior a 1,50 m) ou coma SUPERFICIE CONSTRUÍDA na que ademais contabilízase o que ocupan os diferentes elementos constructivos.
      
  • Taxación dunha vivenda.
    Valor dunha vivenda ou inmoble certificado por sociedades constituídas a tal efecto. Mediante este certificado non só se coñece o valor real do inmoble, senón que ademais serve de base para obter o préstamo hipotecario solicitado. Debe ser realizado por un perito independente e autorizado polo Ministerio de Economía e Facenda.
      
  • Tipo de interese.
    Porcentaxe que se aplica ao capital pendente dun préstamo para calcular os intereses que deben abonarse. Pode ser fixo, variable ou mixto. O fixo é aquel que se mantén constante durant toda a vida do préstamo. O variable actualízase e revísase nos prazos establecidos coa entidade financeira. O tipo de interese mixto mantén un tipo fixo durante os primeiros anos e o resto de tempo ata a súa cancelación, a tipo variable.
      
  • Unidade familiar.
    Tal e coma resulta definida polas normas reguladoras do Imposto da Renda das Persoas Físicas é aquela integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbera: os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes; os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Nos casos de separación legal, ou cando non existira vínculo matrimonial, a formada polo pai ou a nai e todos os fillos que convivan con un ou outro e que reúnan os requirimentos á que se refire a regra primeira. A efectos de ingresos as referencias á unidade familiar fanse extensivas ás persoas non integradas nunha unidade familiar, así coma as parellas de feito recoñecidas legalmente.
     
  • Valor catastral.
    Valoración que figura no Catastro dunha determinada finca. Tómase coma referencia en relación a determinadas actuacións da Administración tanto de carácter fiscal (IBI, IRPF...), coma non fiscal (expropiación, valoracións urbanísticas...). Fíxase coma referencia o valor de mercado, sen que en nengún caso poda exceder deste.
       
  • Visado dos contratos .
    Os contratos de compravenda ou adxudicación ou arrendamento e, se é o caso, as escrituras de obra nova para o suposto de promoción individual para uso propio das vivendas de promoción autonómica deberán ser presentadas polo promotor, vendedor ou arrendador na Delegación Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo para o seu visado no prazo máximo dun mes a partir da subscrición do contrato.
  •  
  • Vivenda de protección autonómica.
    Son as vivendas así calificadas polo IGVS que contan cunha serie de limitacións sobre as  condicións que debe cumprir o beneficiario e sobre as características da vivenda e o seu prezo máximo a cambio da concesión de determinadas axudas. Poderán destinarse á venda ou arrendamento e constituirán o aloxamento habitual e permanente dos seus ocupantes.
      
  • Zonas territoriais.
    Cada un dos grupos nos que se encadran os diferentes municipios do país co obxecto de establecer diferentes módulos que sirven para o cálculo do prezo máximo.