O Servizo de Rehabilitación e Renovación Urbana ten coma funcións as de coordinar e xestionar as
accións directas para a rehabilitación e recuperación dos cascos históricos ou espazos degradados,
propoñendo as medidas que lle deban ser encomendadas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo,
xestionar as axudas directas a promotores e propietarios para a rehabilitación de vivendas en
contornos urbanos, xestionar os convenios con concellos para seren declarados coma
áreas de rehabilitación así coma vixiar a súa execución, e, en xeral, cantas
funcións lle sexan encomendadas pola dirección xeral relativas a esta competencia.