|
AXUDÁMOSCHE A FACER UNHA REHABILITACIÓN
Ámbito Rural, histórico e dos camiños de Santiago
Remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago
PROGRAMA DERROGADO POLO DECRETO 18/2014, SUBSISTENTE SÓ PARA OS PROCEDEMENTOS INICIADOS ANTES DO 26 DE FEBREIRO DE 2014
Requisitos:
OBXECTIVOS
|
Situación
|
O inmoble ten que estar no ámbito rural, histórico ou dos camiños de
Santiago
|
Actuacións protexibles
|
a) Remate de fachadas e cubertas.
b) Rehabilitación de edificios ou vivendas.
c)Reconstrución de edificios e vivendas.
As actuacións deben cumprir as condicións do artigo 12
|
Orzamento protexible
|
Orzamento das actuacións protexibles que servirá de base para
determinar o importe da subvención, co límite máximo do resultado de multiplicar a superficie útil
da vivenda polo módulo básico estatal vixente no momento da solicitude da cualificación provisional
e co límite mínimo de 400 € por vivenda. Estará formado por:
1º) O orzamento de contrata das obras protexibles con IVE. Os gastos
xerais e beneficio industrial incluídos neste orzamento, non poderán superar o 19% do presuposto de
execución material das obras.
2º) Os gastos de honorarios profesionais, taxas de licenza, tributos
e calquera outro gasto necesario para a execución das obras protexibles ata un límite do 10% do
orzamento sinalado no apartado anterior.
Os prezos das partidas de obras deberán axustarse aos prezos medios
de mercado, podéndose tomar como referencia a Base de Datos de Construción de Galicia, BDC-Galicia,
promovida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, en colaboración co Instituto Tecnolóxico de
Galicia, ou o catálogo de prezos das unidades de obra, previsto na disposición adicional do
presente decreto.
|
Antigüidade
|
a) No
ámbito rural as vivendas deberán ser unifamiliares e contar cunha antigüidade
de:
1º)
10 anos ou mais para as actuacións de remate de fachadas e cubertas.
2º)
15 anos ou mais para as actuacións de rehabilitación.
3º)
40 anos ou mais para as actuacións de reconstrución.
b) Nos
ámbitos históricos e dos camiños de Santiago as vivendas deberán pertencer a
edificios que teñan polo menos o
50 % da súa superficie útil destinada ao uso de vivenda. A antigüidade do edificio
deberá ser igual ou superior a:
1º)
10 anos ou máis para as actuacións de Remate de fachadas e cubertas.
2º)
15 anos ou máis para actuacións de rehabilitación.
3º)
40 anos ou máis para actuacións de reconstrución.
c) No caso de que o obxecto das obras sexa a mellora das condicións
de accesibilidade da vivenda para persoas con mobilidade reducida ou maiores de 65 anos, a
antigüidade mínima das vivendas será de
5 anos, en calquera dos ámbitos e tipos de actuación protexible.
|
Destino
|
As vivendas destinaranse a vivenda habitual e permanente durante
5 anos como mínimo coas excepcións previstas no artigo 6 para o suposto de que se
destine a aluguer ou se realicen por galegos residentes no exterior da comunidade autónoma.
|
SUBXECTIVOS
|
Ingresos
|
1. As persoas promotoras das actuacións protexibles, non poderán
superar os seguintes límites de ingresos ponderados no momento de presentación da solicitude de
cualificación provisional da actuación:
a)
3,5 IPREM para actuacións no ámbito rural.
b)
6,5 IPREM para actuacións para uso propio nos ámbitos históricos e dos Camiños de
Santiago.
2. Nos supostos de que as actuacións protexibles se realicen con
destino a aluguer, as vivendas destinaranse a unidades familiares con ingresos ponderados ate
4,5 IPREM, debendo acreditarse no momento de solicitar a subvención.
3. No suposto de actuacións protexibles en edificios promovidas pola
comunidade de propietarios, só poderán acceder ás axudas previstas neste decreto
as persoas titulares do inmoble o dun dereito real que permita acometer ditas actuacións, cando as
vivendas sexan para uso propio, ou as persoas titulares, no caso de que a vivenda se destine a
aluguer, que acrediten os ingresos da forma prevista nos apartados anteriores.
4. Os ingresos ponderaranse de conformidade co previsto no artigo
14
|
Procedemento:
1ª. Solicitar a cualificación provisional das actuacións:
A persoa ou persoas promotoras da actuación deberán solicitar á área
provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo a cualificación provisional das actuacións de
acordo co establecido no decreto 44/2011, do 10 de marzo, mediante o anexo de solicitude
normalizado que aparece neste apartado.
2ª. Execución das obras:
Unha vez recibida a resolución de cualificación provisional, deberá
executar as obras de conformidade co previsto na citada resolución, debendo solicitar todos os permisos e autorizacións que sexan
preceptivos segundo a normativa urbanística e sectorial de aplicación.
As obras non poden estar iniciadas antes da solicitude de
cualificación provisional. O Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá realizar en calquera
momento, as comprobacións dos requisitos e as inspeccións técnicas da obra que considere oportunas
para verificar o cumprimento das condicións que servirán de base para o outorgamento da
cualificación provisional.
A persoa promotora poderá solicitar a ampliación do prazo de
execución previsto na cualificación provisional, por un período que non exceda da metade do
inicialmente establecido.
Sen prexuízo da ampliación regulada no apartado anterior, a persoa
promotora poderá solicitar a modificación da cualificación provisional, nos seguintes
supostos:
a) cando o orzamento ou o prazo de execución inicialmente previsto
das obras se incremente ou diminúa, como consecuencia da variación de actuacións a acometer, sempre
que as actuacións resultantes puideran ser obxecto de cualificación. No suposto de que as
variacións afecten ás condicións do outorgamento da licenza municipal de obra, deberá achegarse a
pertinente autorización municipal.
b) No caso de que por causa xustificada, non imputable ao promotor,
non se podan rematar as obras no prazo previsto ou conseguir a documentación necesaria para
solicitar a cualificación definitiva.
3ª. Solicitar a cualificación definitiva das actuacións:
No prazo máximo dun mes dende o remate das obras, ou, en todo caso,
do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional, ou
na súa modificación, o promotor deberá solicitar á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e
Solo, a cualificación definitiva das actuacións, presentando a documentación establecida no artigo
22 do Decreto 44/2011.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo, á vista da solicitude, poderá
realizar en calquera momento, as comprobacións dos requisitos e as inspeccións técnicas da obra que
considere oportunas para verificar o cumprimento das condicións que servirán de base para o
outorgamento da cualificación definitiva.
4ª. Solicitar as axudas cando se publique a correspondente convocatoria:
Unha vez obtida a resolución de cualificación definitiva, haberá que
agardar á publicación no Diario oficial de Galicia da convocatoria das axudas e presentar a
solicitude de acordo co modelo normalizado que se publique xunto coa convocatoria.
Subvencións:
Beneficiarios
|
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas promotoras das
actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da lei 9/2007, de subvencións de
Galicia e ademais estean en posesión da cualificación definitiva e destinen a vivenda a residencia
habitual e permanente seu ou da persoa inquilina, no caso de rehabilitación para aluguer, e cumpran
os requisitos establecidos na correspondente convocatoria.
No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de
propietarios, poderán ser persoas beneficiarias, os/as titulares do inmoble o dun dereito real que
permita acometer ditas actuacións, en función da súa porcentaxe de participación no orzamento
protexible das obras.
|
Contías
|
Contía equivalente ao
50 por 100 do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva
(sempre que se xustifique documentalmente como gasto subvencionable de acordo co artigo 31) sen que
en ningún caso esta subvención poida superar a cantidade máxima de
6.600 euros no caso das modalidades de remate de fachada e rehabilitación e a
cantidade máxima de
8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.
No suposto de actuacións promovidas pola comunidades de
propietarios, a subvención máxima prevista no apartado anterior, calcularase para cada vivenda en
función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras, sempre que se cumpran
os demais requisitos previstos neste decreto. No suposto de que simultaneamente coas obras de
elementos comúns se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subvención total
que lle correspondería a cada vivenda, non poderá exceder das contías establecidas no apartado
anterior.
|
Xustificación
|
A obtención da cualificación definitiva substitúe á documentación
que regula o artigo 48º 1 do Decreto 11/2009,do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da
lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para a conta xustificativa.
A persoa beneficiaria deberá aportar a documentación establecida
para a memoria económica no artigo 48º 2 do Decreto 11/2009,do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
regulamento da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A efectos da xustificación do gasto subvencionable, estarase ao
previsto no artigo 42º do decreto 11/2009, admitíndose a posibilidade establecida no apartado 3 de
dito precepto, en base ás características das obras subvencionables de acordo co presente
decreto.
|
Reintegro
|
Procederá o reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas
en concepto de subvención e a exixencia dos xuros de demora, nos casos recollidos no artigo 33 da
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da
Lei de subvencións de Galicia, e nos artigos 77 e seguintes do seu regulamento, aprobado polo
decreto 11/1998, do 8 de xaneiro.
|
Compatibilidade
|
Con carácter xeral, as subvencións previstas neste decreto son
compatibles coas axudas establecidas en materia de rehabilitación, na normativa
estatal e autonómica.
En ningún caso o importe total das subvencións concorrentes, para as
mesmas actuacións, con cargo aos orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e con cargo ao
Ministerio competente en materia de vivenda ao abeiro dos plans de vivenda, poderá ser de tal
contía que supere o
75% do orzamento protexible.
Non poderán concederse axudas para aquelas vivendas que, ao abeiro
de calquera norma autonómica reguladora de axudas para actuacións de rehabilitación, reconstrución
ou renovación, ou ao abeiro da normativa estatal dos plans de vivenda, as teñan solicitado nos
catro anos inmediatamente anteriores ao da presentación da solicitude de
subvención, coa excepción daqueles casos en que as solicitudes remataran o seu
procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
|
Procedementos tramitados segundo a normativa de cédula
Expedientes con resolución de concesión de
subvención
|
Seguirán tramitándose conforme á normativa de
cédula polo que respecta ao pagamento da subvención concedida.
|
Expedientes con resolución de conformidade
|
seguirán tramitándose conforme a este decreto,
equiparándose a resolución de conformidade á resolución de cualificación provisional
|
Expedientes sen resolución de conformidade
|
seguirán tramitándose conforme a este decreto,
equiparándose a solicitude de cédula de rehabilitación de calidade á solicitude de cualificación
provisional, conservándose as actuacións realizadas. De tratarse de actuacións protexibles para uso
propio deberán acreditarse o requisito dos ingresos familiares ponderados antes de ditarse a
resolución da cualificación provisional.
|
Os expedientes en tramitación, trataranse como
solicitudes de cualificación provisional, conservándose as actuacións realizadas, se ben deberán
acreditarse os ingresos ponderados no caso de que as actuacións protexibles se realicen para uso
propio.
|
Expedientes con cédula de rehabilitación
|
Poden presentarse as convocatorias sen
necesidade de novos requisitos, se ben hai que ter en conta, que no ámbito rural, tal e como se
viña facendo no programa de cédula, hai que acreditar o cumprimento dos requisitos de ingresos do
artigo 13.
A efectos da concesión da subvención e a súa
contía equipáranse as cédulas do Decreto 157/2006 coas cualificacións definitivas reguladas no
presente decreto, en función das características da actuación, de acordo co previsto nos artigos
8º,9º,10º e 11º deste decreto.
|
|
|
|
REXISTRO DE DEMANDANTES
O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o
Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que
se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar
irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É
CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se
axuste á túa solicitude;
EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e
TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.
|