As ARI comprenden actuacións de mellora de tecidos residenciais no
medio urbano e rural, recuperando funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos, barrios
degradados e municipios rurais que precisen a rehabilitación dos seus edificios e vivendas, a
superación de situacións de infravivenda e de intervencións de urbanización ou reurbanizacións dos
seus espazos públicos (artigo 45 RD 2066/2008, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e
Rehabilitación 2009-2012).
As declara o Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberán cumprir
as seguintes condicións xerais:
- perímetro declarado de ARI, deberá incluír alomenos 200 vivendas
(excepcionalmente, en supostos motivados, por acordo da comisión bilateral pódense admitir menos
vivendas)
- As vivendas e edificios deberán ter unha antigüidade superior a 10
anos (salvo que excepcionalmente se acorde unha inferior, motivadamente e no seo da comisión
bilateral)
- As vivendas que obtiveran axudas deste programa deberán destinarse a
domicilio habitual e permanente do seu propietario oi ao aluguer, alomenos durante 5 anos trala
finalización das obras de rehabilitación.
As ARI en conxuntos históricos, ademais deberán ter sido declarados
conxuntos históricos e contar cun PEPRI (que teña polo menos a aprobación inicial no momento da
solicitude)
s ARI en municipios rurais, deberán declararse en concellos de menos
de 5000 habitantes. Excepcionalmente poderán declararse en municipios con maior poboación, cando
así se motive suficientemente e se acorde en comisión bilateral.
Acóllense ás axudas do Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro e
do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, mediante acordo da Comisión Bilateral de Seguimento
(Ministerio de Vivenda – Consellería de Medio, Ambiente, Territorio e Infraestruturas- IGVS) para o
financiamento das actuacións na Área.
Hai participación do Concello que, previamente, solicita a
declaración de Área de Rehabilitación Integral así como as axudas económicas correspondentes, xunto
coa documentación que máis abaixo se detalla.
Nestas áreas protexerase a rehabilitación de vivendas e edificios e
as actuacións de urbanización e reurbanización da zona que fosen necesarias.
Os acordos de financiamento destas áreas poderán incluír como parte
do custo global das actuacións, o establecemento de portelos únicos de vivenda dotados de persoal e
medios necesarios.
Os
beneficiarios
Poderán ser os promotores, os propietarios das vivendas ou
edificios, os inquilinos autorizados e as comunidades de propietarios incluídos no perímetro da
ARI, e os Concellos para os equipos de información e xestión, as obras de urbanización e
reurbanización, e respecto ás vivendas da súa titularidade.
Os
ingresos familiares non poderán exceder de 6,5 IPREM cando se trate da
rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos.
2.Axudas.
Préstamos convidos
O promotor poderá obter préstamos convidos sen subsidiación, pola
totalidade do orzamento protexido, cun período maximo de amortización de 15 anos (mais 3 anos de
carencia).
Os propietarios e inquilinos poderán subrogarse neste préstamo, ou
obter préstamo directo, sen subsidiación, no caso de que o promotor non tivera préstamo convido,
que poderá ascender á diferenza entre o importe da rehabilitación e as subvencións concedidas. Por
un prazo máximo de 15 anos, e un período de carencia de 2 anos ampliable a 3.
Subvencións
1. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda
de ata un máximo do 40% do orzamento protexido (custo máximo de execución da rehabilitación
computándose unha superficie útil máxima de 90 m
2 /vivenda) cunha contía media por vivenda rehabilitada de 5.000 € (que pode elevarse en
centros históricos e en municipios rurais a 6.600 €, sempre que a contía total das subvencións non
exceda do 50% do presuposto protexido total da ARI).
2. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda
de ata o 20% do orzamento total das obras de urbanización e reurbanización e con límite
do 20% da subvención á que se refiere o punto anterior (que pode elevarse en centros históricos e
en municipios rurais ata o 30%, co límite do 30% da subvención) .
3. Unha subvención para a financiación parcial do custe dos equipos de
información e xestión, cun importe máximo quen on poderá excede rdo 50% de dito custo nin do 5% do
presuposto total da ARI.
4. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da
Vivenda e Solo de ata o 40% do orzamento protexido das obras de rehabilitación de edificios e
vivendas, sen que a subvención media poida exceder de 5.000 € por vivenda rehabilitada.
5. Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da
Vivenda e Solo de ata o 20% do orzamento das operacións de urbanización e reurbanización, sempre
que a contía resultante non exceda do 20% da subvención que corresponda como consecuencia do punto
anterior.
6. Respecto ao total das axudas, cómpre ter en conta o límite
establecido no artigo 75 da lei de Vivenda de Galicia, do 75 % do custo do orzamento
protexido.