Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Mercar unha vivenda » Axudas á compra de vivenda protexida » Compra de vivenda usada

Compra de vivenda usada

Plan vivenda 2009-2012.

PROCEDEMENTO

1º paso: As vivendas usadas

2º paso: Inscrición no Rexistro de Demandantes

3º paso: Requisitos para obter as axudas

4º paso : Tipos de axudas que pode obter

 

►1º paso: AS VIVENDAS USADAS

 

Pode obter axudas para a compra destas vivendas:

  • Vivendas libres adquiridas en 2ª ou posterior transmisión.
  • Vivendas protexidas adquiridas en 2ª ou posterior transmisión.
  • Vivendas libres de prezo limitado adquiridas cando transcorrera 1 ano como mínimo entre a expedición do certificado final de obra e a data do contrato, sempre e cando dispoña de licencia de primeira ocupación.
  • Vivendas protexidas destinadas anteriormente ao alugueiro.
  • Vivendas rurais usadas.

Nunha ficha aparte poderá comprobar os prezos máximos de adquisición destas vivendas

 

Ir ao índice

 

►2º paso: INSCRICIÓN NO REXISTRO DE DEMANDANTES

Os adquirintes de vivendas usadas terán que estar previamente inscritos no Rexistro de demandantes. O vendedor deberá comunicar ao Rexistro os datos do adquirinte para os únicos efectos da comprobación pola Administración da súa inscrición nel. (artigo 19 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, DOGA 21.01.2010)
Así mesmo, deberá solicitar as axudas mediante o modelo de solicitude normalizado e xuntar os documentos que nel se indiquen. Poderá conseguir o impreso na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante IGVS) www.igvs.es ou nas oficinas de información do IGVS.
Pode presentar a súa solicitude nas Oficinas de Rexistro do IGVS ou tamén en:
  • Os rexistros de calquera órgano administrativo, da Administración Xeral do Estado, de calquera Administración da Comunidade Autónoma ou a dalgunha das entidades que integran a Administración Local se neste último caso se subscribira o oportuno convenio.
  • As oficinas de Correos.
  • As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

Ir ao índice

►3º paso: REQUISITOS PARA OBTER AS AXUDAS

  • Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
  • Non ter obtido axudas financeiras nin préstamo convido para o mesmo tipo de actuación durante os 10 anos anteriores á solicitude actual. Excepcionaranse deste suposto as persoas separadas ou divorciadas ás que non se lles adxudicara a vivenda familiar, as mulleres vítimas de violencia de xénero, as vítimas do terrorismo, as persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • Que os ingresos familiares non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. (Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicativos correctores establecidos neste decreto).
  • Para obter o préstamo convido os ingresos familiares non excederan de 6,5 veces o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM).

 

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :

Para o cálculo dos ingresos súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.

Nunha ficha aparte poderá comprobar os límites de ingresos.

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.

 

Ir ao índice

 

►4º paso: TIPOS DE AXUDAS QUE PODE OBTER

So poderá obter financiamento para 90 metros cadrados de vivenda, e para 8 metros cadrados de rocho e 25 metros cadrados de garaxe ou anexo.

Para obter estas axudas hai que cubrir o modelo de solicitude, que aparece na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (en adiante IGVS) www.igvs.es e que tamén poderá atopar nas oficinas de información do IGVS. Ademais deberá achegar a  documentación que nel se require e ter en conta que debe:

  • Solicitar o visado do contrato de compravenda, ante a Xefatura Territorial de Vivenda e Solo, antes do transcurso de 4 meses desde a firma do contrato.
  • Que entre o visado do contrato e a solicitude do préstamo convido á  entidade de crédito non transcorran máis de 6 meses.

 

TIPOS DE AXUDAS

ESTATAIS

COMUNIDADE AUTÓNOMA

PRESTAMO CONVIDO

SUBVENCIÓNS

 

 

O préstamo convido

Pode solicitar directamente o préstamo a calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda.

A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do prezo da vivenda fixado na escritura pública de compravenda máis o 80% do prezo do rocho e garaxe se o tivera co límite da superficie útil computable aos efectos de financiamento (25 metros cadrados para o garaxe e 8 metros cadrados para o rocho)

O tipo de xuro será fixo ou variable, a elección do adquirente.

O préstamo non terán comisión ningunha.

Estará garantido con hipoteca.

Prazo de amortización do préstamo: 25 anos como mínimo pero poderá ser obxecto de amortización anticipada .

Ir ao índice

 

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA :

Pode solicitar as axudas da Comunidade autónoma cando estea aberta a convocatoria anual, mediante o modelo de solicitude que apareza na páxina web e que tamén pode obter nas oficinas de información do IGVS e achegando a documentación que se indica.

AXUDAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

  • Unidades familiares con ingresos que non excedan de 2,5 veces IPREM.
  • Con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM:
    • Persoas que acceden por 1ª vez a unha vivenda.
    • Xóvenes menores de 35 anos.
    • Persoas maiores de 65 anos.
    • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
    • Vítimas do terrorismo.
    • Afectados por situacións catastróficas.
    • Familias numerosas de menos de 5 fillos.
    • Familias monoparentais con fillos.
    • Persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
    • Persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias e compensatorias.
  • Familias numerosas de 5 ou máis fillos
  • Persoas con ingresos que non excedan de 1,5 veces IPREM nos casos seguintes:
  • Persoas sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo.
  • Emigrantes retornados nos dous anos anteriores ao momento da solicitude en especial situación de necesidade.

2.000€

4.000€

Axuda do 25% do prezo da vivenda co límite de 17.000€

Se acredita pertencer a máis dun destes colectivos a subvención será de 2000€ por cada circunstancia.

Subvencións non acumulables

Subvencións acumulables entre si e ás do Estado

 

 

É moi importante que teña en conta o seguinte:

  • Destino da  vivenda: Deberá dedicarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.
  • Limitacións das vivendas:
  1.  Non poderá transmitir a propiedade da vivenda ata que transcorran polo menos 10 anos desde que a mercara.
  2. Transcorridos 10 anos desde a adquisición, a transmisión da vivenda provocará que o préstamo perda a condición de convido e que a entidade de crédito poda resolvelo
  3. Se pasado o tempo quere vender a vivenda ten que saber que o prezo máximo de venda está limitado mentres dure o préstamo convido e, en todo caso, durante os 15 primeiros anos desde a data da adquisición.

 

Teléfonos de axuda e direccións de interese:
 
Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es
 
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


 

A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 184 801
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
 
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
 
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
Documentos relacionados

Documentos relacionados

OBTER MÁIS INFORMACIÓN...

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.