Plan Vivenda 2009-2012
ACTUACIÓNS PROTEXIDAS
1. Actuacións para mellorar a eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio
ambiente nas vivendas, e a utilización de enerxías renovables:
- Instalación de paneis solares, a fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria
demandada polas vivendas, en polo menos, o 50 % da contribución mínima esixible para edificios
novos segundo o no Código Técnico da Edificación.
- Mellora da envolvente térmica do edificio para reducir a súa demanda enerxética,
mediante actuacións como o incremento do illamento térmico, a substitución de carpinterías e
acristalamentos dos ocos, ou outras, sempre que se demostre a súa eficacia enerxética, considerando
factores como a severidade climática e as orientacións.
- Calquera mellora nos sistemas de instalacións térmicas que incrementen a súa eficiencia
enerxética ou a utilización de enerxías renovables.
- Mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que favorezan o
aforro de auga así como a realización de redes de saneamento separativas no edificio que favorezan
a reutilización das augas grises no propio edificio e reduzan o volume de vertido ao sistema
público de sumidoiros.
- Cantas outras sirvan para cumprir os parámetros establecidos nos documentos Básicos do Código
Técnico da Edificación DB-HE de aforro de enerxía, DB-HS Salubridade, e DB-HS, protección contra o
ruído.
2. Actuacións para garantir a seguridade e estanquidade dos edificios
- Calquera intervención sobre os elementos estruturais do edificio, incluída a cimentación, que
estea destinada a reforzar ou consolidar as súas deficiencias.
- Instalacións eléctricas, co fin de adaptalas á normativa vixente.
- Calquera intervención sobre os elementos da envolvente afectados por humidades.
3. Actuacións para a mellora da accesibilidade ao edificio:
Consideraranse actuacións para a mellora da accesibilidade as tendentes a adecuar os
edificios á Lei de Propiedade Horizontal. En particular:
- A instalación de ascensores ou adaptación dos mesmos ás necesidades de persoas con
discapacidade ou ás novas normativas que houberan entrado en vigor tras a súa
instalación.
- A instalación ou mellora de ramplas de acceso aos edificios, adaptadas ás necesidades de
persoas con discapacidade.
- A instalación ou mellora de dispositivos de acceso aos edificios adaptados a persoas con
discapacidade sensorial.
- A instalación de elementos de información que permitan a orientación no uso de escaleiras
e ascensores.
- Obras de adaptación das vivendas ás necesidades de persoas con discapacidade
ou maiores de 65 anos.
PRESUPOSTO PROTEXIDO:
O presuposto protexido será o custo total das obras a realizar sobre os elementos comúns e
instalacións xerais (incluídas as necesarias sobre as partes afectadas nas vivendas e locais)
Coas seguintes limitacións:
- Máximo 90 metros cadrados útiles por vivenda resultante da actuación ou local afectado por
ela.
- Para garaxes e anexos, a superficie máxima será de 25 e 8 metros cadrados respectivamente.
- A contía máxima do presuposto protexido por metro cadrado útil non pode superar o 70% do módulo
básico estatal vixente no momento da calificación provisional da actuación.
IMPRESCINDIBLE:
- Polo menos o 25% do presuposto das actuacións protexidas ten que estar dedicado a:
- Utilización de enerxías renovables,
- Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente e
- Accesibilidade do edificio
BENEFICIARIOS
Poden ser beneficiarios:
- O promotor da actuación
- Os propietarios e inquilinos autorizados
- As comunidades de propietarios
Sempre que:
- Non incorran nas prohibicións para ser beneficiario do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións
de Galicia.
- Non ter obtido axudas financeiras nin préstamos convidos, para o mesmo tipo de actuación ao
abeiro de plans estatais ou autonómicos os 10 anos anteriores á solicitude actual.
- Destinar á vivenda a domicilio permanente e habitual durante 5 anos
Os ingresos familiares das persoas beneficiarias non poderán exceder de 6,5 IPREM, cando se
trate da rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos. Nunha ficha aparte poderá ver a
táboa de ingresos.
Cando a rehabilitación teña por obxecto os elementos comúns, ou a totalidade do edificio para
destinalo a arrendamento, as condicións dos beneficiarios serán as mesmas que as das vivendas
protexidas para arrendamento
O préstamo Convido.
• A resolución de concesión do préstamo pode facerse efectiva ante calquera entidade de crédito
colaboradora do Plan de Vivenda.
• O préstamo poderá alcanzar a totalidade do presuposto protexido.
• Tipo de xuros fixo ou variable, fixado e revisado anualmente polo Consello de
Ministros.
• Non terán comisión ningunha.
• Estará garantizado con hipoteca.
• As cotas serán constantes en toda a vida do préstamo, dentro de cada un dos
períodos de amortización.
• O plazo de amortización do préstamo: Iniciarase coa expedición da Calificación
definitiva, será de 15 anos como máximo.
• O período de carencia será de hasta 2 anos ampliable a 3 anos coa autorización da
comunidade autónoma e o acordo da entidade de crédito.
Poderán obter o préstamo para financiar a actuación protexida de Rehabilitación dun
edificio:
• Os propietarios ou ocupantes das vivendas, con independencia dos seus ingresos familiares.
• Os locais, cando se trate da rehabilitación de elementos comuns e participen nos costes de
execución.
A subvención:
Promotores
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.
Comunidades de propietarios
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.
Contía da subvención:
- Máximo 10% do presuposto protexido
- Límite de 1.100 €/vivenda
Ademais, poderán obter una subvención, os propietarios ou ocupantes da vivenda, promotores
da Rehabilitación, cando:
- Ingresos familiares no excedan de 6,5 IPREM
- Contía máxima: 15 % presuposto protexido
- Límite de 1.600 €/vivenda con carácter xeral
- Límite de 2.700 €/vivenda, cando:
- Sexan maiores de 65 anos
- Persoas con discapacidade
- As obras se destinen á eliminación de barreiras ou á adecuación da vivenda ás súas necesidades
específicas
INCOMPATIBILIDADES:
Non poderán obter a financiación deste programa as actuacións en vivendas emprazadas en:
- ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)
- ARUS (Areas de Renovación Urbana).
Non será obxecto de axudas financeiras a rehabilitación de locais.
Non esqueza:
A suma das axudas financeiras estatais e as da Comunidade Autónoma, así como doutras
Administracións ou organismos públicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 75% do
custo do orzamento protexible.
Cando se trate da rehabilitación dunha vivenda unifamiliar illada que precise obras de
rehabilitación, a financiación será a que corresponda á actuación predominante
¿QUE TEN QUE FACER?
Presentar a solicitude de cualificación da actuación como protexida.
Cando saia a orde de convocatoria, solicitar as axudas no modelo normalizado da orde
xunto coa documentación técnica e persoal que se indica no anexo da solicitude.
Realizar as obras nos termos da resolución de concesión, previa obtención das licencias e
permisos preceptivos segundo a normativa sectorial.
Rematadas as obras, deberá aportarse a documentación xustificativa da súa realización.