Plan Vivenda 2009-2012
ACTUACIÓNS PROTEXIDAS.
1. Actuacións para mellorar a eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio
ambiente nas vivendas, e a utilización de enerxías renovables:
- Instalación de paneis solares, a fin de contribuír á produción de auga quente Sanitaria
demandada polas vivendas, en polo menos, o 50 % da contribución mínima esixible para edificios
novos segundo o disposto no Código Técnico da Edificación.
- Mellora da envolvente térmica para reducir a súa demanda enerxética, mediante actuacións como o
incremento do illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, ou
outras, sempre que se demostre a súa eficacia enerxética, considerando factores como a severidade
climática e as orientacións.
- Calquera mellora nos sistemas de instalacións térmicas que incrementen a súa eficiencia
enerxética ou a utilización de enerxías renovables.
- Mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que favorezan o aforro de
auga así como a realización de redes de saneamento separativas no edificio que favorezan a
reutilización das augas grises no propio edificio e reduzan o volume de vertido ao sistema público
de sumidoiros.
- Cantas outras sirvan para cumprir os parámetros establecidos nos Documentos Básicos do Código
Técnico da Edificación DB-HE de aforro de enerxía, DB-HS Salubridade, e DB-HS, protección contra o
ruído.
2. Actuacións para a mellora da accesibilidade das vivendas
Consideraranse actuacións para a mellora da accesibilidade as tendentes a adecuar as vivendas
á Lei de Propiedade Horizontal. En particular:
- A instalación de ascensores ou adaptación dos mesmos ás necesidades de persoas con
discapacidade ou ás novas normativas que houberan entrado en vigor tras a súa
instalación.
- Obras de adaptación das vivendas ás necesidades de persoas con discapacidade ou de
persoas maiores de 65 anos.
PRESUPOSTO PROTEXIDO:
O presuposto protexido será o custo total da rehabilitación das vivendas, coas seguintes
limitacións:
- Máximo 90 metros cadrados útiles por vivenda
- A contía máxima do presuposto protexido por metro cadrado útil non pode superar o 70% do
módulo básico estatal vixente no momento da calificación provisional da actuación.
IMPRESCINDIBLE:
Polo menos o 25% do presuposto das actuacións protexidas ten que estar dedicado a:
- Utilización de enerxías renovables,
- Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente
- Accesibilidade do edificio
BENEFICIARIOS
Poden ser BENEFICIARIOS
- O promotor da actuación
- O propietario da vivenda
- O inquilino autorizado.
Sempre que:
- Non incorran nas prohibicións para ser beneficiario do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións
de Galicia.
- Non obtiveran axudas financeiras nin préstamos convidos, para o mesmo tipo de actuación, ao
abeiro de plans estatais ou autonómicos nos 10 anos anteriores á solicitude actual.
- Destinar á vivenda a domicilio habitual e permanente durante 5 anos
- Ingresos familiares que non superen 6,5 veces o Iprem. Nunha ficha aparte poderá ver a táboa de
ingresos.
FINANCIACIÓN DA REHABILITACIÓN
Contía máxima da subvención por vivenda
|
Límite máximo de carácter xeral
|
Propietarios ou ocupantes das vivendas maiores de 65 anos. Persoas con
discapacidade.
Sempre que as obras se destinen á eliminación de barreiras ou á adecuación da vivenda
ás súas necesidades específicas
|
Vivendas rehabilitadas con destino a aluguer durante un prazo mínimo de 5 anos, nas mesmas
condicións que as vivendas protexidas destinadas a arrendamento
|
25% do presuposto protexido
|
2.500 €
|
3.400€
|
Máximo 6.500€
|
INCOMPATIBILIDADES:
Non poderán obter a financiación deste programa as actuacións en vivendas emprazadas en:
- ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)
- ARUS (Areas de Renovación Urbana).
Non esqueza:
A suma das axudas financeiras estatais e as da Comunidade Autónoma, así como doutras
Administracións ou organismos públicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 75% do
custo do orzamento protexible.
¿QUE TEN QUE FACER?
- Presentar a solicitude de cualificación da actuación como protexida.
- Cando saia a orde de convocatoria, solicitar as axudas no modelo normalizado da orde, xunto coa
documentación técnica e persoal que se indica no anexo da solicitude.
- Realizar as obras nos termos da resolución de concesión, previa obtención das licencias e
permisos preceptivos segundo a normativa sectorial.
- Rematadas as obras, deberá aportarse a documentación xustificativa da súa realización.