Son zonas así declaradas pola Comunidade Autónoma. A súa finalidade é a de coordinar actuacións
de urbanización e reurbanización e fomentar as actuacións privadas de rehabilitación. A contía das
axudas varía en función do tipo de Área de Rehabilitación:
Integral ou de
Centro Histórico.
Se o inmoble se atopa dentro dunha zona declarada Área de Rehabilitación haberá que dirixirse ao
punto de información de dita Área, xeralmente unha
Oficina Municipal de Rehabilitación que xestiona a axuda de carácter técnico e
económico. Estas axudas son compatibles coas de Cascos Históricos.