|
Axuda
Renda básica de emancipación
Tipo: Aluguer
Descrición:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes
deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete
grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o
demandante e a documentación necesaria. Enderezos
A Coruña: Ronda de Nelle, nº12 bis, 1º. 15005 A Coruña
Lugo:
Praza Santo Domingo, nº 6 5º. 27001 Lugo.
Ourense: Rúa Curros Enríquez nº1, 8º . 32003 Ourense.
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo. 36071 Pontevedra. Atención ao Público: martes e
venres de 10:00 a 14:00 horas.
Vigo: Praza de Maruja Mallo nº 1, 1º, 36206 Vigo (Pontevedra)
Santiago de Compostela: Área Central 1º andar, local 25-Z. Polígono de Fontiñas. 15707
Santiago de Compostela.
Requerimentos:
A renda básica de emancipación está dirixida a mozos e mozas de entre 22 e 30 anos, titulares
dun contrato de arrendamento da vivenda na que residen e que conten cunha fonte regular de ingresos
inferiores aos 22.000 euros brutos anuais. Pode incluír un préstamo de ata 600 euros para a fianza
e 120 euros para costear un aval.
Máis información:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes
deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete
grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o
demandante e a documentación necesaria.
Inicio: 01/01/08
|
|
|
Plan Vivenda 2018-2021
O
Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do
alugamento e o fomento da
rehabilitación e da
rexeneración e
renovación urbanas.
VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA
As
Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas promovidas polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través
dunha Xunta Cualificadora.
|