Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Alugar unha vivenda » Programa Aluga » É propietario » Axudas para o propietario

Axudas aos propietarios de vivendas

No programa Aluga tamén se contemplan dous tipos de axuda dirixidas aos propietarios:

  • Subvención de obras e actuacións de reforma na vivenda, establecéndose un límite máximo segundo a antigüidade da vivenda.

Estas axudas van destinadas exclusivamente a persoas físicas que poñen as vivendas a disposición do Programa Aluga e permitirán subvencionar ata o 75 por cento do custe das reformas, cun límite de subvención de 3.000 euros para vivendas de menos de 10 anos de antigüidade e 5.000 euros para as que teñan dez ou máis anos.

    • As axudas do Programa Aluga son compatibles coas axudas Renove para a rehabilitación de vivendas establecidas no Plan de Vivenda 2009-2012, podendo chegar en conxunto ata un máximo 9.500 euros para vivendas de menos de dez anos e 11.500 para o resto. 

 

  • Subvención de gastos derivados do aluguer, en contía equivalente de ata o 50% do importe do recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) da última anualidade vencida, co límite de 100 euros por vivenda.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.