|
O IGVS
A Dirección Técnica de Xestión Patrimonial e Fianzas
Á Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección correspóndelle o
exercicio das seguintes funcións:
- A administración e xestión do patrimonio do IGVS, así como a xestión das rendas dos bens
deste.
- A elaboración das propostas de normativa reguladora da adxudicación, uso e xestión,
conservación, administración, aproveitamento e transmisión do patrimonio de vivendas e locais do
IGVS.
- A xestión dos ingresos relacionados coas competencias propias que lle correspondan á
Dirección Técnica.
- O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988 lle atribúe ao IGVS en
materia financeira e, en especial, o endebedamento.
- A xestión das fianzas, así como a proposta do desenvolvemento normativo para a
constitución dos depósitos e a xestión destes.
- A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o
financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública.
- A realización dos estudos precisos para un mellor coñecemento das necesidades no ámbito das
súas competencias.
Dirixir as funcións de inspección e control nas materias que legalmente lle correspon- den ao
IGVS.
- Elaborar instrucións e directrices de coordinación das áreas provinciais sobre o réxime
xurídico das vivendas de promoción pública e resto de funcións competencia da Dirección
Técnica.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Dependendo do/a director/a técnico/a existirán as seguintes unidades, con rango de xefatura de
servizo:
Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública
, coas seguintes funcións:
- Propoñer, elaborar e realizar o seguimento dos convenios coas entidades financeiras para
facilitar o acceso das persoas adxudicatarias ás vivendas protexidas de promoción pública.
- A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas para a súa
aprobación.
- A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas
e locais e a revisión e control das contas de recadación.
- A xestión de asuntos referentes á facenda pública e, especificamente, a xestión do IVEno ámbito do patrimonio inmobiliario do organismo.
- Elaborar as propostas de regulación e o seguimento dos rexistros públicos de deman- dantes
que se creen en materia da súa competencia.
- O control dos procedementos de adxudicación, uso e coordinación da xestión das vivendas protexidas e de
locais comerciais de titularidade do IGVS.
- A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas admi- nistradoras de
inquilinos/as.
- Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e
locais do organismo.
- A coordinación dos trámites a realizar polas diferentes unidades de servizos centrais e
servizos periféricos, en relación con estas funcións, nos diversos procedementos que teñan relación
cos inmobles.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Patrimonio, coas seguintes funcións:
- O estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor admi- nistración
e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
- A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia
patrimonial.
- A revisión e actualización e mantemento do inventario de bens inmobles en coordina- ción cos
outros órganos do IGVS.
- Preparación e tramitación de todo tipo de expedientes en defensa extraxudicial dos intereses
do IGVS e do seu patrimonio.
- A depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
- Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais de
propiedade do organismo, en especial, no relativo aos aspectos xurídicos, de xestión, inventario e
administración.
- Xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
- A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos
centrais e servizos periféricos en relación coas funcións da súa competencia.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Fianzas e Xestión de Tributos Locais, ao cal lle corresponderá o
exercicio das seguintes funcións:
- A administración e xestión directa, ou mediante concertos, das fianzas legalmente establecidas nos supostos de
alugamento de vivendas e locais de negocio e contratos de subministración.
- A aplicación da normativa reguladora en materia de depósitos de fianzas. c) A proposta das
actuacións inspectoras en materia de depósitos de fianzas.
- A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gra- van os
bens de titularidade do IGVS.
- A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e
servizos periféricos, nos diversos procedementos en relación con estas funcións.
- A coordinación e a proposta de mellora dos sistemas de xestión e dos programas in- formáticos
da dirección técnica.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Réxime Xurídico e Inspección. Correspóndelle o exercicio das seguintes
funcións:
- Planificar, coordinar e, de ser o caso, efectuar as inspeccións de ocupacións, usos e
transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do IGVS.
- A inspección para verificar o cumprimento da normativa reguladora do uso e transmi- sión das
vivendas protexidas.
- Coordinar as actuacións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións
feitas.
- Efectuar as inspeccións relativas aos impagamentos de vivendas de promoción públi- ca e
coordinar coas áreas provinciais os expedientes de resolución de contratos e desafiu- zamentos.
Realizar requirimentos en reclamación do cobramento de débedas.
- Xestionar os expedientes de execucións hipotecarias que se produzan por impaga- mento nas vivendas de
promoción pública.
- A programación, coordinación e seguimento das actividades de inspección relativas aos
depósitos de fianzas para garantir o cumprimento da súa normativa reguladora.
- O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos inter- postos
contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
- Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o
cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
- Calquera outra que, en materia de inspección, lle asigne a normativa de aplicación relativaás competencias propias do IGVS ou que lle sexa encomendada de acordo con estas
funcións.
|
|
|
VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA
As
Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas promovidas polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través
dunha Xunta Cualificadora.
PLAN SECTORIAL GALEGO
O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a
impulsar unhas medidas orientadas especialmente a dispor do solo adecuado e suficiente para a
construcción de vivendas sometidas a algún réxime de promoción e protección pública, de acordo coas
necesidades da población ….
Normativa e lexislación
-
[03-02-20]
RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (códigos de procedemento VI482A e VI482B).
-
[11-09-19]
ORDE do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (códigos de procedemento VI432A e VI432B).
-
[13-08-19]
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade da Instrución interpretativa conxunta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Cultura e Turismo para a aplicación das seccións 1ª, Normas de aplicación directa, e 2ª, Licenzas directas, do capítulo V do título I da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
-
[30-07-19]
RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).
|