Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Solo, Edificación e Calidade

O IGVS

A Dirección Técnica de Construcións e Calidade

Á Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
 
  1. Propoñer, elaborar e xestionar os programas de actuación en materia de promoción publica de vivendas, de rehabilitación, reparación e conservación do parque de vivendas de promoción pública e de desenvolvemento do solo.
  2. Propor as disposicións normativas precisas relativas ás competencias en materia de solo, edificación e calidade na edificación do IGVS.
  3. A xestión dos correspondentes instrumentos urbanísticos, de ordenación do territorio e proxectos de obras, así como dos expedientes de expropiación oportunos para a conse- cución dos fins do IGVS.
  4. Coordinar o labor dos servizos servizos técnicos das áreas provinciais en materia de solo, edificación e calidade na edificación.
  5. A coordinación e o seguimento das encomendas ou convenios asinados con socie- dades urbanísticas, empresas ou sociedades que teñan como finalidade a promoción e xestión do solo.
  6. O desenvolvemento e xestión das operacións de rehabilitación, rexeneración e reno- vación urbana desenvolvidas ou con participación do IGVS.
  7. A xestión da adquisición, cesión e alleamento de solo destinado aos fins do IGVS.
  8. Elaborar os pregos de prescricións técnicas para a contratación das obras do IGVS e supervisar e aprobar, de ser o caso, os que lle sexan sometidos á súa consideración, así como emitir os informes técnicos de avaliación das ofertas.
  9. Prestar apoio e asesoramento técnico para o correcto desenvolvemento dos diferen- tes programas de fomento das actuacións en materia de rehabilitación de vivenda e de axudas en materia de solo.
  10. O seguimento da aplicación do Código técnico da edificación e a proposta para o seu desenvolvemento normativo adaptado ás características da edificación en Galicia.
  11. A acreditación de entidades de control de calidade, así como laboratorios de calidade en materia de edificación e o establecemento de estándares técnicos no relativo a mate- riais, procesos e sistemas construtivos.
  12. Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores funcións.
 
 
A Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade estrutúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:
 
Servizo de Planificación e Ordenación de Solo.
 
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. O desenvolvemento e xestión das operacións de rehabilitación, rexeneración e reno- vación urbana en que participe o IGVS.
  2. A xestión e, de ser o caso, a redacción directamente ou a través dos servizos técnicos provinciais, dos correspondentes instrumentos urbanísticos, de ordenación do territorio e proxectos, así como dos expedientes de expropiación oportunos para a consecución dos fins do IGVS.
  3. Xestionar a adquisición do solo residencial ou empresarial, mediante cesión gratuíta dos concellos, compra directa, permuta ou expropiación.
  4. Depurar e actualizar a situación rexistral do patrimonio de solo do IGVS.
  5. Preparar os pregos de prescricións técnicas para os concursos de adquisición de solo e realizar informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola dirección técnica, nos procedementos de contratación.
  6. Emitir informe, nos seus aspectos técnicos e urbanísticos, sobre os documentos de declaración de ARI e coordinación das actuacións e criterios técnicos dos servizos técnicos provinciais neste campo.
  7. A xestión do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial.
  8. Emitir informe, elaborar e xestionar, en colaboración coas outras direccións técnicas do IGVS, o desenvolvemento de convenios, acordos ou concertos para o desenvolvemento de promocións de vivendas protexidas con outros órganos da administración, particulares ou cooperativas.
  9. Realizar estudos técnicos no ámbito da súa competencia.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Oficina Técnica.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. Actuar como oficina de supervisión de proxectos coas funcións previstas na normati- va de contratación pública.
  2. Elaborar os pregos de prescricións técnicas para os contratos de obras, urbanización e servizos vinculados e realizar informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola dirección técnica, nos procedementos de contratación.
  3. Redactar os proxectos e levar a dirección de obra e dirección de execución das obras que se lle encomenden.
  4. Levar o control e, de ser o caso, a inspección da execución das obras.
  5. Asesorar tecnicamente en materia de rehabilitación de vivendas, na elaboración da documentación técnica e en cantas materias relacionadas coas súas funcións lle sexan formuladas, garantindo o apoio técnico requirido polos outros órganos do IGVS.
  6. Elaboración das valoracións de inmobles que se lle encarguen.
  7. Elaboración dos certificados de eficiencia enerxética de edificios e vivendas que se lle encarguen.
  8. Elaboración dos informes de avaliación de edificios, así como dos informes de inspección técnica de edificios que se lle encarguen.
  9. Emitir os informes relativos a normativa de habitabilidade.
  10. Realizar estudos técnicos no ámbito da súa competencia.
  11. Supervisar ou recibir, de ser o caso, as certificacións parciais e finais das obras do IGVS.
  12. Realizar as visitas de inspección e os oportunos informes técnicos que se requiran para a aplicación do réxime sancionador legalmente establecido en materia de vivenda.
  13. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. Propoñer e xestionar os investimentos en materia de edificación, rehabilitación e reparación de edificios, así como dos correspondentes ás actuacións de solo empresarial e residencial.
  2. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
  3. Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
  4. A xestión, coordinación e o seguimento das encomendas e/ou convenios asinados coas sociedades urbanísticas, empresas ou sociedades e cos concellos e outras entidades, nas materias da competencia da dirección técnica.
  5. Xestionar, conxuntamente co Servizo de Planificación e Ordenación de Solo, a adquisición e alleamento do solo residencial e empresarial.
  6. A xestión administrativa, económica e xurídica dos asuntos de competencia da dirección técnica.
  7. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 
Servizo de Calidade.
 
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. Elaborar disposicións técnicas, guías e manuais, en materia de calidade na edificación, así como o seu fomento e planificación.
  2. O estudo e proposta de disposicións relativas aos materiais, técnicas e procesos de aforro enerxético e edificación sustentable.
  3. Emitir informes e certificados técnicos relativos aos procesos de edificación e materiais.
  4. Tramitar as actuacións necesarias para os procedementos de habilitación das entidades e dos laboratorios de ensaios de control de calidade.
  5. Levar a cabo as inspeccións das entidades e laboratorios co fin de velar polo cumprimento dos requisitos exixibles, así como programar e levar o seguimento dos ensaios contraste obrigados aos laboratorios.
  6. Emitir informe sobre os plans de control de calidade, ou elaborar os que se lle encarguen, das obras promovidas polo IGVS, controlar o seu cumprimento e revisar as certificacións correspondentes.
  7. A coordinación e xestión dos programas de axudas a comunidades de propietarios/as ou usuarios/as para a rehabilitación de vivendas e edificios de promoción pública.
  8. Elaborar os pregos de prescricións técnicas para a contratación dos plans de control de calidade e realizar informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola dirección técnica, nos procedementos de contratación.
  9. A proposta, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación e estudos nas materias da súa competencia.
  10. Informar aos distintos axentes do sector da edificación sobre cuestións relativas á calidade e sustentabilidade da edificación e impulsar o coñecemento e investigación nestes eidos.
  11. A participación en reunións e comités técnicos no ámbito das súas competencias, así como a colaboración con outros organismos ou entidades con atribucións nesta materia.
  12. Cantas funcións en relación coa mesma materia lle sexan encomendadas polos órga- nos do IGVS ou as disposición en materia de calidade.
Así mesmo, na Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade, e baixo a dependencia funcional do Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo, existirá unha unidade xurídico-administrativa co nivel orgánico que se estableza na relación de postos de traballo. Esta unidade desenvolverá as tarefas de apoio xurídico e técnico- administrativo en relación coas materias propias do Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo, así como as que lle sexan encomendadas pola Dirección Técnica nas materias da súa competencia.

BASE DE DATOS DA CONSTRUCIÓN

A base de datos da construción é unha ferramenta de traballo destinada aos axentes vinculados ao sector da construción para a elaboración de presupostos de obra ou coma elemento de consulta.

CÓDIGO TÉCNICO DA EDIFICACIÓN

O Código Técnico de Edificación (CTE) é unha normativa que establece as esixencias que deben cumprir os edificios en relación á seguridade e a habitabilidade.