Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Xestión Económica e Orzamentos

O IGVS

A Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos

Á Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos correspóndelle, sen prexuízo das competencias que en materia de control sexan exercidas pola Consellería de Facenda, a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as seguintes funcións:
  1. A supervisión e asesoramento da actividade económica do IGVS.
  2. A subministración á Dirección Xeral da información da actividade económica do IGVS.
  3. O impulso da elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS, así como o control orzamentario das correspondentes unidades administrativas.
  4. A colaboración coa Dirección Xeral e a Secretaría Xeral na planificación e programación da actividade económica do IGVS coa distribución dos proxectos e financiamento.
  5. A coordinación dos traballos de inventario do IGVS, os procedementos de actualización, así como a coordinación das unidades que teñan implicación no seu mantemento, todo iso sen prexuízo das funcións que corresponden á Secretaría Xeral e ao Servizo de Contabilidade e Tesouraría no relativo á certificación dos bens que forman parte daquel, e mais a anotación na contabilidade do IGVS. Así mesmo, remitirá, por solicitude da Conse- llería de Facenda, os datos precisos para a actualización do Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma.
  6. A análise dos procedementos de gasto do IGVS, propoñendo as modificacións preci- sas para que se axusten aos principios de economicidade e axilidade que permitan unha maior eficacia para a xestión.
  7. A análise da evolución de ingresos e a proposta de medidas orientadas a acadar unha maior capacidade de obtención de fondos propios por parte do IGVS.
  8. Coordinar as relacións cos órganos de control da Xunta de Galicia, o Consello de Contas ou o Tribunal de Contas.
  9. A dirección da contabilidade do organismo.
  10. A coordinación e control da Tesouraría e dos ingresos e pagamentos do organismo. k) Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.

A Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos contará cos seguintes servizos, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Orzamentos.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións: 
  1. A realización dos traballos necesarios para a confección do anteproxecto de orza- mentos do IGVS.
  2. Efectuar o seguimento da execución do orzamento.
  3. Tramitar, cando sexa preciso, as oportunas modificacións do orzamento.
  4. Tramitación das solicitudes de autorización para os expedientes de gastos plurianuais que superen os límites establecidos na normativa de réxime económico-financeiro.
  5. O seguimento dos ingresos do IGVS.
  6. Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.
 
Servizo de Control Interno.
Realizará, en coordinación cos órganos de control da Xunta de Galicia, as seguintes funcións:
  1. Formular propostas de control preventivo do cumprimento da legalidade substantiva e formal nos procesos de xestión do gasto do IGVS.
  2. Apoio ó control posterior do cumprimento das normas e directrices internas e externas na xestión das operacións do IGVS, así como do cumprimento dos principios de eficacia e economía na súa xestión.
  3. Propostas de melloras, modificacións ou revisións dos procedementos de xestión económico-financeira do IGVS.
  4. A revisión e supervisión dos procesos en que se concreta a actividade económica do organismo con carácter previo á aprobación pola Dirección Xeral.
  5. Asesoramento ás unidades con competencia na xestión do gasto.
  6. Mantemento de información continúa relativa aos gastos.
  7. Calquera outra relativa ao control económico-financeiro que lle asigne a normativa de aplicación. 
Servizo de Contabilidade e Tesourería.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. Realizar as accións propias da xestión da tesourería do IGVS, así como a materiali- zación dos ingresos e pagamentos, o control dos saldos das contas correntes do IGVS, a recepción, custodia e devolución de depósitos que se constitúan ante o IGVS, e de ser o caso, xestionar as funcións que lle corresponden ao IGVS en relación coa recadación executiva prevista na disposición adicional terceira da Lei 3/1988 de creación do IGVS.
  2. Elaborar e subministrar a información contable que precisen os órganos de dirección do IGVS.
  3. Levar e desenvolver a contabilidade do IGVS.
  4. Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan xeral de contabilidade pú- blica para o IGVS.
  5. Preparar e examinar as contas que debe render o IGVS perante o seu órgano de tutela, a Xunta de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas ou calquera outra rendición de contas preceptiva.
  6. Velar polo cumprimento das obrigas formais coa Administración tributaria.
  7. Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.