O
Instituto Galego da Vivenda e Solo confórmase coma un organismo autónomo de
carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería, ao que lle corresponde a realización das
políticas de vivenda e solo. Para o desempeño destas súas funcións, o Instituto terá a seguinte
estrutura orgánica:
Ós órganos de goberno do Instituto Galego da Vivenda e Solo
son:
a) A Presidencia
b) O Consello Reitor
1. A Presidencia do IGVS.
A Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo correspóndelle á
persoa titular da consellería competente en materia de vivenda.
Funcións da Presidencia do IGVS
Corresponden á persoa titular da Presidencia as seguintes
funcións:
a) A representación oficial do Instituto Galego da Vivenda e
Solo.
b) A Presidencia do Consello Reitor, que desempeña todas as
competencias que lle corresponden como presidente/a do órgano colexiado segundo o disposto neste
decreto e no artigo 16 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A persoa titular da Presidencia poderá delegar aquelas funcións
propias que considere oportunas e que sexan susceptibles de delegación, na persoa titular da
Dirección Xeral.
No suposto de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento
legal, a persoa titular da Dirección Xeral substituirá a persoa titular da Presidencia.
2. O Consello.
O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno do Instituto Galego
da Vivenda e Solo.
Composición do Consello Reitor
O Consello Reitor está integrado pola Presidencia, Vicepresidencia,
catro vogais e unha secretaría.
Os membros do Consello Reitor gardarán o debido sixilo respecto dos
asuntos de que coñezan como membros deste órgano.
Presidencia do Consello Reitor
A Presidencia do Consello Reitor correspóndelle á persoa titular da
Presidencia do IGVS.
Corresponden á persoa titular da Presidencia as seguintes
atribucións:
a) Acordar a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias e
fixar a orde do día, tendo en conta, de ser o caso, as peticións dos demais membros formuladas con
suficiente antelación.
b) Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e
suspendelos por causas xustificadas.
c) Someter á aprobación do Consello da Xunta o anteproxecto de orzamentos
do IGVS e, se é o caso, os seus plans e programas.
d) Visar as actas e certificados dos acordos do Consello
Reitor.
e) Cantas outras atribucións sexan inherentes á Presidencia dun órgano
colexiado ou calquera outra facultade que en relación coas materias de competencia se lle atribúan
regulamentariamente.
Vicepresidencia do Consello Reitor
A Vicepresidencia do Consello Reitor correspóndelle á persoa titular
da Dirección Xeral do IGVS. Esta substituirá a persoa titular da Presidencia do Consello Reitor nos
casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal.
Vogais e secretario/a do Consello Reitor
1. Os/as vogais do Consello Reitor son nomeados e separados pola persoa
titular da consellería competente en materia de vivenda.
2. Son vogais do Consello Reitor:
a) Dúas persoas representantes da consellería competente en materia de
vivenda, designadas pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou
de dirección.
b) Unha persoa representante da consellería competente en materia
administracións públicas, designada pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus
órganos superiores ou de dirección.
c) Unha persoa representante da consellería competente en materia de
facenda, designada pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou
de dirección.
3. En caso de ausencia ou de enfermidade e, en xeral, cando concorra
algunha causa xustificada, os/as vogais serán substituídos/as polos/as seus/súas respectivos/as
suplen- tes, propostos/as pola mesma persoa ou entidade que designou os/as titulares.
4. A persoa que exerza a secretaría do Consello Reitor será nomeada polo
propio consello por proposta da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Atribucións do Consello Reitor
Correspóndenlle ao Consello Reitor as seguintes atribucións:
a) A aprobación dos seus plans e programas de actuacións, por proposta da
persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
b) A aprobación do anteproxecto de orzamentos do IGVS, presentado pola
persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
c) O control da xestión do IGVS.
d) A constitución de comisións de estudo sobre aspectos específicos en
materias da súa competencia e o deseño de plans de formación e divulgación no ámbito das
competencias do IGVS.
e) A aprobación da proposta de creación de consorcios e sociedades
anónimas ou de integración ou participación do IGVS nas xa constituídas, así como a aprobación da
proposta de constitución de xerencias e de todo tipo de acordos coa iniciativa
privada.
f) Cantos asuntos relacionados ca competencia do IGVS lle someta a persoa
titular da Presidencia.
g) As demais que se lle atribúan na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de
organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,
neste decreto e noutras disposicións aplicables.
III. A Dirección xeral.
A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o seu órgano executivo.
Será nomeada e destituída libremente polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do/a
conselleiro/a con competencias en materia de vivenda.Correspóndelle ó/á director/a xeral do
Instituto:
Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS:
a) Asistir ao/á presidente/a no exercicio das súas funcións.
b) Exercer, por delegación do/a presidente/a, a representación oficial do
IGVS.
c) Executar os acordos do Consello Reitor do IGVS.
d) Dirixir a xestión do IGVS.
e) Asinar, no caso de delegación do/a presidente/a e en nome do IGVS, os
convenios e contratos sobre materias da súa competencia.
f) Formular o anteproxecto de orzamentos do IGVS, así como render as
contas correspondentes.
g) Dispoñer os créditos e dotacións, o recoñecemento das obrigas e a
ordenación dos pagamentos do IGVS, dentro dos límites que lle correspondan.
h) Dirixir a preparación dos plans e programas do IGVS e presentalos ao
Consello Reitor do IGVS para a súa aprobación.
i) Exercer a xefatura superior sobre o persoal do IGVS.
j) Presentar a memoria anual do organismo.
k) Todas as facultades que lle delegue expresamente o/a presidente/a do
IGVS ou que lle sexan encomendadas polo Consello Reitor. Terá, así mesmo, como propias, todas as
funcións e facultades non encomendadas pola lexislación vixente ao Consello Reitor ou ao/á
presidente/a do IGVS.
IV. A Secretaría Xeral.
A persoa titular da Secretaria Xeral do IGVS terá rango de
subdirector/a xeral e será nomeada pola persoa titular da Presidencia do IGVS entre persoal
funcionario do subgrupo A1 da Xunta de Galicia.Correspóndelle ó/á secretario/a xeral, baixo a
dependencia do/a director/a xeral do Instituto.
Correspóndelle ao/á secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a
director/a xeral do IGVS:
a) A dirección inmediata do persoal do IGVS, sen prexuízo da súa
dependencia funcional das persoas responsables de cada unidade.
b) Xestionar as actividades de réxime interior, información, rexistro e
arquivo.
c) A realización e coordinación dos estudos e análises necesarios para
elaborar os plans e programas en materia de vivenda e solo.
d) A coordinación dos programas e as actuacións das diferentes direccións
técnicas.
e) Propoñer as accións relativas ao réxime interno dos servizos, a súa
inspección e canto afecte o seu funcionamento interno.
f) A coordinación da contratación do IGVS.
g) A coordinación da regulación normativa propia do IGVS garantindo a
coherencia e
h) compatibilidade das diferentes disposicións.
i) A coordinación na elaboración do anteproxecto de orzamentos do
IGVS.
j) Xestionar os medios materiais propios ou adscritos ao funcionamento do
IGVS.
k) A dirección dos asuntos relativos ao apoio xurídico e informatización
do IGVS.
l) Impulsar, orientar e coordinar os servizos e unidades do IGVS e ditar
as ordes, instrucións e circulares de funcionamento e comunicación entre as diferentes dependencias
do organismo.
m) Coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos
en materias que garden relación cos fins do IGVS e coñecer e supervisar as propostas de
disposicións e procedementos de xestión de cada unidade.
n) Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou
regulamentariamente ou lle delegue ou encomende a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ou o
Consello Reitor do IGVS.
O/A secretario/a xeral asumirá, en caso de vacante, ausencia ou
enfermidade da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, as funcións ordinarias de despacho e
sinatura nos asuntos de mero trámite e nos que, con carácter ordinario, lle sexan delegados.
Dependerá organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de
Subdirección Xeral, a Asesoría Xurídica do IGVS, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003,
do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de
Galicia. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co
número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.
IV. As Dirección Técnicas.
As persoas titulares das direccións técnicas do IGVS, con rango
orgánico de subdirector/a xeral, serán nomeadas pola persoa titular da Presidencia do IGVS, por
proposta da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Son as seguintes:
· Dirección Técnica de Xestión do Patrimonial, Fianzas e
Inspección.
· Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
· Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
· Dirección Técnica de Fomento
V. As Xefaturas Territoriais.
Os/as xefes/as territoriais do IGVS serán os da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os cales se organizarán de acordo co decreto de estrutura
orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Dos/as xefes/as territoriais dependerán todos os servizos e unidades
do IGVS que estean no ámbito da súa competencia territorial.
No ámbito territorial respectivo, en materia de vivenda e solo,
correspóndelles o exercicio das seguintes funcións:
a) Impulsar a xestión e tramitación de expedientes administrativos nas
materias do ámbito de competencia do IGVS.
b) A proposta, posta en práctica e control da execución de plans e
programas de actuación do IGVS e a elaboración de estudos e informes de carácter xeral necesarios
para estes efectos.
c) asesoramento en todas as cuestións da súa competencia que lles sometan
os órganos centrais do IGVS.
d) Elevar á Dirección Xeral propostas de actuación da área provincial,
así como emitir informes sobre actuacións do IGVS no seu ámbito territorial.
e) Así mesmo, todas as funcións que foron atribuídas como propias aos/ás
suprimidos/as delegados/as provinciais nas diferentes normas sectoriais en materia de
vivenda.
f) Calquera outra que lles sexa delegada pola Presidencia do IGVS, o
Consello Reitor ou a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Os/as xefes/as territoriais do IGVS serán os da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os cales se organizarán de acordo co decreto de estrutura
orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
VI. As Áreas Provinciais
Para o cumprimento das súas funcións, as áreas provinciais do IGVS
contarán cunha Xefatura de Área Provincial do IGVS, con rango de xefatura de servizo.
Correspóndelle a cada área provincial o exercicio das seguintes
funcións:
a) Dirixir a xestión de cantos asuntos en materia das competencias do
IGVS teña atribuídos a área provincial, asegurando o cumprimento dos obxectivos do IGVS no seu
ámbito territorial.
b) Dirixir e coordinar as funcións seguintes: o réxime interior, a
tramitación administrativa, a xestión de persoal, o rexistro xeral e os diferentes rexistros
públicos, os arquivos da área provincial e a información ao público.
c) Xestionar, en coordinación ca Dirección Técnica de Solo, Edificación e
Calidade, as actuacións en materia de solo residencial e empresarial.
d) Elaborar a información e estatísticas da área provincial.
e) Prestarlle asesoramento e asistencia técnica ao/á xefe/a
territorial.
f) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados ou delegados de acordo
con estas funcións.
Cada área provincial contará cos seguintes servizos:
· Unidade Xurídico-Administrativa.
· Servizo Técnico