Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » As Xefaturas Territoriais

O IGVS

As Xefaturas Territoriais

 

Os/as xefes/as territoriais do IGVS serán os da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os cales se organizarán de acordo co decreto de estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
 
Dos/as xefes/as territoriais dependerán todos os servizos e unidades do IGVS que es tean no ámbito da súa competencia territorial.
 
No ámbito territorial respectivo, en materia de vivenda e solo, correspóndelles o exercicio das seguintes funcións:
  1. Impulsar a xestión e tramitación de expedientes administrativos nas materias do ámbito de competencia do IGVS.
  2. A proposta, posta en práctica e control da execución de plans e programas de actuación do IGVS e a elaboración de estudos e informes de carácter xeral necesarios para estes efectos.
  3. O asesoramento en todas as cuestións da súa competencia que lles sometan os órganos centrais do IGVS.
  4. Elevar á Dirección Xeral propostas de actuación da área provincial, así como emitir informes sobre actuacións do IGVS no seu ámbito territorial.
  5. Así mesmo, todas as funcións que foron atribuídas como propias aos/ás suprimidos/as delegados/as provinciais nas diferentes normas sectoriais en materia de vivenda.
  6. Calquera outra que lles sexa delegada pola Presidencia do IGVS, o Consello Reitor ou a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
 

 

 

NORMATIVA VIVENDA

 

20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos

Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”.

Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda.

O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos.