Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » DT de Fomento

O IGVS

A Dirección Técnica de Fomento

Á Dirección Técnica de Fomento correspóndenlle as seguintes funcións:
  1. O fomento da rehabilitación, recuperación e renovación dos centros históricos, dos tecidos urbanos degradados, das áreas de rehabilitación, do medio rural e das vivendas e edificacións que se sitúen nestes ámbitos, mediante o establecemento e xestión de todo tipo de axudas.
  2. As medidas de fomento orientadas a facilitar o acceso da cidadanía ás vivendas protexidas.
  3. O apoio aos/ás axentes intervenientes nos procesos de rehabilitación.
  4. Propoñer, elaborar e xestionar as medidas de actuación en materia de axudas ao alugamento.
  5. Elaboración de instrucións e directrices sobre o réxime xurídico das vivendas de protección autonómica e coordinación coas áreas provinciais no tocante ao réxime xurídico destas vivendas.
  6. Establecer liñas de colaboración con entidades financeiras para facilitar o acceso dos promotores e adquirentes ao financiamento de actuacións en materia de vivenda.
  7. Establecer e coordinar convenios e acordos de colaboración con concellos ou entidades para a implantación e desenvolvemento de programas orientados a facilitar o acceso a vivenda e o impulso da rehabilitación.
  8. A aplicación dos programas incluídos nos plans estatais de vivenda na Comunidade
  9. Autónoma de Galicia e a xestión dos fondos vinculados a eles.
  10. Mantemento e actualización dos rexistros públicos en materia de vivenda.
  11. Calquera outra que se lle encomende en relación coas anteriores.

A Dirección Técnica de Fomento estrutúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Planificación e Desenvolvemento Normativo.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións: 
  1. Elaboración dos proxectos de disposicións necesarios para o desenvolvemento e actualización das competencias propias da dirección técnica.
  2. Elaboración de proxectos de disposicións, instrucións e directrices sobre o réxime xurídico das vivendas de protección autonómica e coordinación coas áreas provinciais no tocante ao réxime xurídico destas vivendas, así como xestionar as axudas autonómicas ou estatais que poidan regularse nos plans de vivenda para a promoción e acceso ás vivendas protexidas.
  3. A colaboración co Servizo de Control e Xustificación de Fondos para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  4. A supervisión e seguimento das medidas adoptadas pola Comunidade Autónoma para promover o dereito á vivenda e proposta de mellora e actualización destas.
  5. Elaborar as propostas de regulación e o seguimento dos rexistros públicos de demandantes e dos que se creen en materia da súa competencia.
  6. A proposta de elaboración e difusión de publicacións e material informativo dos programas xestionados pola dirección técnica.
  7. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
  8. Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
  9. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Rehabilitación e Renovación Urbana.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. Coordinar e xestionar as axudas nas actuacións de rehabilitación e recuperación dos núcleos históricos ou espazos degradados tanto dos programas propios da comunidade autónoma como dos vinculados aos plans estatais de vivenda.
  2. Xestionar as axudas directas a promotores/as e propietarios/as para a rehabilitación de vivendas en contornos urbanos.
  3. Xestionar os convenios con concellos para ser declarados como área de rehabilitación así como vixiar a súa execución.
  4. Coordinar e xestionar as axudas relativas á rehabilitación e reconstrución de vivendas no medio rural.
  5. Xestionar, de ser o caso, os programas de axudas ás infravivendas no medio rural, á loita contra o chabolismo e calquera outra de ámbito non urbano.
  6. Xestionar calquera outra axuda que a normativa estableza relativa á rehabilitación de vivendas.
  7. Colaborar co Servizo de Control e Xustificación de Fondos para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  8. Xestionar o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación.
  9. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Actuacións Protexidas en Materia de Vivenda.
Realizará as seguintes funcións:
  1. Propoñer as regulacións normativas relativas aos programas previstos nos plans es- tatais de vivenda agás os de rehabilitación e promoción e adquisición de vivenda protexida, en especial os encamiñados ao alugamento de vivenda, e tramitar os correspondentes proxectos normativos.
  2. Coordinar e xestionar os programas dirixidos ao fomento da vivenda en alugamento e outras actuacións protexidas en materia de vivenda excepto as encomendadas especificamente aos outros servizos da dirección técnica.
  3. Xestionar os convenios e acordos de colaboración que se poidan establecer para o desenvolvemento de programas de alugamento.
  4. Xestionar as actuacións previas para comprobar a adecuación das vivendas oferta- das para a súa inclusión nos programas de alugamento.
  5. Comprobar o cumprimento dos requisitos fixados para as persoas arrendatarias.
  6. Xestionar os contratos de alugamento que se asinen ao abeiro dos programas de alugamento.
  7. Adoptar as medidas necesarias para garantir o bo uso das vivendas incluídas nos programas e o pagamento das rendas establecidas.
  8. Xestionar calquera outra axuda que a normativa estableza relativa ás vivendas en alugamento e, de ser o caso, os programas de axudas ás infravivendas no medio rural, á loita contra o chabolismo e calquera outra de ámbito non urbano.
  9. Colaborar co Servizo de Control e Xustificación de Fondos para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións corres- pondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
 
 
Servizo de Control e Xustificación de Fondos.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
  1. Xestionar o réxime orzamentario de axudas propias da comunidade autónoma en materia vivenda.
  2. Xestión e aplicación dos fondos incorporados.
  3. Tramitar as xustificacións ao Estado do pagamento das axudas con fondos transferidos.
  4. Realizar a coordinación para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda.
  5. A análise, seguimento e avaliación do desenvolvemento e execución dos fondos asignados aos plans de vivenda, solo e rehabilitación tanto autonómicos como estatais.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

CÉDULA DE REHABILITACIÓN

A cédula de rehabilitación de calidade é un documento que acredita que a vivenda rehabilitada une os últimos avances da habitabilidade en materia de illamento, funcionalidade, seguranza, eficiencia enerxética ou domótica co seu carácter patrimonial.