Para o cumprimento das súas funcións, as
áreas provinciais do IGVS contarán cunha Xefatura de Área Provincial do
IGVS, con rango de xefatura de servizo.
Correspóndelle a cada área provincial o exercicio das seguintes funcións:
- Dirixir a xestión de cantos asuntos en materia das competencias do IGVS teña atribuídos a
área provincial, asegurando o cumprimento dos obxectivos do IGVS no seu ámbito territorial.
- Dirixir e coordinar as funcións seguintes: o réxime interior, a tramitación administrativa, a
xestión de persoal, o rexistro xeral e os diferentes rexistros públicos, os arquivos da área
provincial e a información ao público.
- Xestionar, en coordinación ca Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade,
as actuacións en materia de solo residencial e empresarial.
- Elaborar a información e estatísticas da área provincial.
- Prestarlle asesoramento e asistencia técnica ao/á xefe/a territorial.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados ou delegados de acordo con estas
funcións.
Cada área provincial contará cos seguintes servizos:
Unidade Xurídico-Administrativa.
Esta unidade, co nivel orgánico que se estableza na relación de postos de traballo, desenvolverá
as seguintes funcións:
- Apoio xurídico e técnico-administrativo en relación coas materias atribuídas ao IGVS
no respectivo ámbito territorial.
- Elaboración de informes e propostas de resolución sobre os recursos, reclamacións e solicitudes
presentados ante a área provincial.
- Asistencia como vogal ás mesas de contratación, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría
Xurídica.
- Preparación dos expedientes administrativos que sexan requiridos polos xulgados ou tribunais
en coordinación co Servizo Técnico Xurídico dos servizos centrais do IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en relación con estas funcións.
Servizo Técnico.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Controlar e revisar os proxectos de obra nova de promoción pública, promoción privada,
conservación, rehabilitación e urbanización do solo.
- Elaborar os informes facultativos dos expedientes tramitados na área provincial.
- Conformar as certificacións, revisións e liquidacións.
- Elaborar informes técnicos para adquisición de solo e edificios, así como efectuar as valoracións correspondentes.
- Redactar ou colaborar na redacción dos instrumentos urbanísticos e de ordenación do
territorio que se lle encomenden.
- Redactar os proxectos de obra e levar a dirección de obra e dirección de execución das obras
que se lle encomenden.
- Levar o control e, de ser o caso, a inspección da execución das obras.
- Realizar os informes, inspeccións e visitas técnicas que se lle requiran en relación
co solo residencial e empresarial do IGVS.
- Elaboración dos certificados de eficiencia enerxética de edificios e vivendas que se
lle encarguen.
- Elaboración dos informes de avaliación de edificios, así como dos informes de
inspección técnica de edificios que se lles encarguen.
- A realización de estudos e informes técnicos que se lle encomenden en materias das súas
competencias.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.