Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Estrutura Orgánica » A Dirección Xeral

O IGVS

A Dirección Xeral

 

A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o seu órgano executivo. Será nomeada e destituída libremente polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do/a conselleiro/a con competencias en materia de vivenda.Correspóndelle ó/á director/a xeral do Instituto:

Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS:
a)     Asistir ao/á presidente/a no exercicio das súas funcións.
b)     Exercer, por delegación do/a presidente/a, a representación oficial do IGVS.
c)     Executar os acordos do Consello Reitor do IGVS.
d)     Dirixir a xestión do IGVS.
e)     Asinar, no caso de delegación do/a presidente/a e en nome do IGVS, os convenios e contratos sobre materias da súa competencia.
f)      Formular o anteproxecto de orzamentos do IGVS, así como render as contas correspondentes.
g)     Dispoñer os créditos e dotacións, o recoñecemento das obrigas e a ordenación dos pagamentos do IGVS, dentro dos límites que lle correspondan.
h)     Dirixir a preparación dos plans e programas do IGVS e presentalos ao Consello Reitor do IGVS para a súa aprobación.
i)      Exercer a xefatura superior sobre o persoal do IGVS.
j)      Presentar a memoria anual do organismo.
k)     Todas as facultades que lle delegue expresamente o/a presidente/a do IGVS ou que lle sexan encomendadas polo Consello Reitor. Terá, así mesmo, como propias, todas as funcións e facultades non encomendadas pola lexislación vixente ao Consello Reitor ou ao/á presidente/a do IGVS.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.

NORMATIVA VIVENDA

 

20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos

Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”.

Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda.

O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos.