A persoa titular da
Secretaria Xeral do IGVS terá rango de subdirector/a xeral e será nomeada pola
persoa titular da Presidencia do IGVS entre persoal funcionario do subgrupo A1 da Xunta de
Galicia.Correspóndelle ó/á secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a director/a xeral do
Instituto.
Correspóndelle ao/á
secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a director/a xeral do IGVS:
- A dirección inmediata do persoal do IGVS, sen prexuízo da súa dependencia funcional das persoas
responsables de cada unidade.
- Xestionar as actividades de réxime interior, información, rexistro e arquivo.
- A realización e coordinación dos estudos e análises necesarios para elaborar os plans e
programas en materia de vivenda e solo.
- A coordinación dos programas e as actuacións das diferentes direccións técnicas.
- Propoñer as accións relativas ao réxime interno dos servizos, a súa inspección e canto afecte o
seu funcionamento interno.
- A coordinación da contratación do IGVS.
- A coordinación da regulación normativa propia do IGVS garantindo a coherencia e compatibilidade
das diferentes disposicións.
- A coordinación na elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS
- Xestionar os medios materiais propios ou adscritos ao funcionamento do IGVS.
- A dirección dos asuntos relativos ao apoio xurídico e informatización do IGVS.
- Impulsar, orientar e coordinar os servizos e unidades do IGVS e ditar as ordes, instrucións e
circulares de funcionamento e comunicación entre as diferentes dependencias do organismo.
- Coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden
relación cos fins do IGVS e coñecer e supervisar as propostas de disposicións e procedementos de
xestión de cada unidade.
- Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente ou lle delegue ou
encomende a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ou o Consello Reitor do IGVS.
O/A secretario/a xeral asumirá, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade da persoa titular da
Dirección Xeral do IGVS, as funcións ordinarias de despacho e sinatura nos asuntos de mero trámite
e nos que, con carácter ordinario, lle sexan delegados.
Dependerá organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de Subdirección Xeral, a
Asesoría Xurídica do IGVS, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo
que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dependerá
funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que
se determine na correspondente relación de postos de traballo.
Unidades da Secretaría Xeral
Para o exercicio da súa competencia, a
Secretaría Xeral contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de xefatura de servizo:
Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior
.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Xestión, coordinación e control do persoal funcionario e laboral, das nóminas e das cotizacións, así como, de ser o
caso, a xestión do plan de incentivos e a administración do plan de formación.
- Programación das necesidades de persoal do IGVS.
- A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e
laboral.
- O estudo, tramitación e elaboración das propostas de resolución de reclamacións previas á vía laboral e
recursos, así como a execución de sentenzas en materia de persoal funcionario e laboral do
IGVS.
- Velar polo correcto funcionamento dos diferentes servizos.
- Organización e estruturación do rexistro e dos arquivos.
- Propostas de adquisición de bens correntes e subministracións para o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Contratación.
Correspóndelle o exercicio das seguintes
funcións:
- As funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación
de competencia do IGVS.
- Coordinación, baixo a dirección da Secretaría Xeral, e seguimento da contratación do IGVS,
servindo de apoio ao órgano de contratación.
- Tramitación dos expedientes de contratación, xestión e supervisión, en coordinación cos outros
órganos do IGVS, da súa execución.
- Tramitación dos expedientes de modificacións e resolucións de contratos e, se é o caso, de
incautación de garantías.
- Preparación e execución dos protocolos e convenios do IGVS, salvo naqueles casos en que estean
expresamente atribuídos a outros órganos.
- Elaboración dos informes e das actuacións que sexan necesarias en relación cos órganos externos
de control e seguimento respecto das actividades contratuais.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral en relación coas funcións
en materia de contratación e convenios.
Servizo Técnico-Xurídico.
Correspóndelle o exercicio das seguintes
funcións:
- Asistencia e apoio xurídico nas materias da competencia do IGVS.
- O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra
actos do IGVS cando non estean atribuídos a outros órganos.
- Elaborar informes e ditames, estudar as propostas de resolución que sexan elaboradas polas
distintas unidades do IGVS, así como, en xeral, o apoio xurídico á Secretaría Xeral, sen prexuízo
das funcións propias da Asesoría Xurídica do IGVS.
- Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como coordinar o
cumprimento das sentenzas ditadas por estes, cando non estean atribuídas a outros órganos do
IGVS.
- Iniciación, instrución e tramitación dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
- Tramitar os requirimentos e peticións formuladas polo Defensor do Pobo, O Valedor do Pobo e
outros órganos e institucións.
- Analizar e tramitar os proxectos de disposicións xerais do IGVS, así como a elabora- ción de
compilacións e refundicións das normas de interese para o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda.
Correspóndelle o exercicio das seguintes
funcións:
- A tramitación dos expedientes do IGVS que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e
ás súas comisións, así como o traslado dos correspondentes acordos.
- A coordinación das publicacións nos diarios oficiais.
- Coordinar e xestionar a información e o seguimento dos diferentes plans e programas de iniciativa
doutros departamentos da Xunta de Galicia ou do Estado nos cales participa o IGVS.
- Informar sobre o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida, o de promotores/as de vivenda, así como
sobre calquera outro que se cree en materia de vivenda dentro das competencias do IGVS.
- Elaborar informes e estatísticas relativas aos datos contidos nos rexistros en materia de
vivenda.
- Xestionar e coordinar a información e atención á cidadanía nas materias da compe- tencia do IGVS
referida aos diferentes programas e actuacións que desenvolva o IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Así mesmo, na Secretaría Xeral, e baixo a dependencia funcional do Servizo Téc- nico-Xurídico,
existirá unha unidade xurídico-administrativa co nivel orgánico que se es- tableza na relación de
postos de traballo. Esta unidade desenvolverá as tarefas de apoio xurídico e técnico-administrativo
en relación coas materias propias do Servizo Técnico- Xurídico, así como as que lle sexan
encomendadas pola Secretaría Xeral nas materias da súa competencia.