Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Observatorio da vivenda de Galicia » Presentación
Observatorio da vivenda de Galicia

O espazo da vivenda galega

Un lugar de encontro e participación do sector

O Observatorio da Vivenda de Galicia (OVG) é un espazo de intercambio de información, propostas e comunicación do sector da vivenda destinado a servir de apoio aos axentes públicos e privados interesados no sector (administracións, usuarios, empresas, profesionais, asociacións e cidadanía en xeral).

O Observatorio articúlase como una ferramenta activa, transparente e útil para facilitar un maior coñecemento deste ámbito e dar soporte na toma de decisións para as entidades e os actores do sector da vivenda.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.

NORMATIVA VIVENDA

 

20 anos traballando nunha regulamentación eficaz da vivenda e do solo galegos

Xa hai 20 anos dende que a Lei 3/1988, do 27 de agosto, creou o IGVS e lle encomendou “ a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia”.

Dende o 1 de xaneiro de 1989, data na que se resolve a súa entrada en funcionamento, ata hoxe, o IGVS, para acadar unha maior eficiencia na xestión das súas competencias, dota a súa actividade dun novo marco normativo e axusta o seu traballo á lexislación europea e estatal, principalmente na aplicación en Galicia dos Plans Estatais de Vivenda.

O compendio normativo ante o que vostede se atopa inclúe as normas, tanto as propias como as aplicables, que nestes 20 anos estanse a empregar ou se empregaron á vivenda e ó solo galegos.