RESOLUCIÓN POLA QUE SE ACORDA ABRIR O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DIRECTA E FIXAR AS SÚAS
CONDICIÓN DE COMPRAVENDA E/OU CONSTITUCIÓN DO DEREITO DE SUPERFICIE EN PARCELAS RESULTANTES DO
PROXECTO DE PARCELACIÓN DA ZONA DENOMINADA ÁREA LOXÍSTICA EMPRESARIAL DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E
INDUSTRIAL DE SALVATERRA DE MIÑO-AS NEVES (EXPEDIENTE: PLISAN 2021/COMPRAVENDA(2)-LE).
-
Número de parcelas incluídas na adxudicación direcdta: 38
-
Superficie total de parcelas: 276.070,33 metros cadrados
-
A superficie das parcelas oscila entre 2.104,26 e 21.111,72 metros
cadrados:
Prezo:
- 53,21 euros por metro cadrado nas parcelas de máis de 20.000 metros cadrados de
superficie)
- 71,71 euros por metro cadrado no resto de parcelas
Dereito de superficie:
Poderán adxudicarse parcelas en dereito de superficie: o canon que hai
que satisfacer calcularase conforme as seguintes regras:
- Nos dous primeiros anos, ao 1,5% do prezo da parcela
- Nos dous seguintes anos, ao 2,5% do prezo de parcela actualizado
- Para os seguintes anos, ao 3,5% do prezo de parcela actualizado
No segundo ano e seguintes o canon calcularase sobre o prezo da parcela
actualizado conforme o Índice de Garantía de Competitividade.
A adxudicación en dereito de superficie realizarase por 30 anos, con
posibilidade de prórrogas de 10 anos ata un máximo de 30 anos.
Durante a vixencia do seu dereito, o superficiario poderá adquirir a
propiedade da parcela. Para estes efectos, o prezo de venda desta será o seguinte:
- Nos cinco primeiros anos, o prezo de remate polo que se lle adxudicase o dereito de
superficie.
- Nos anos seguintes, o importe sobre o que se estea a calcular o canon no momento no que se
comunique ás entidades promotoras a vontade de exercer o dereito de adquisición da parcela.
Se a adquisición se realizase durante os dez primeiros anos de vixencia
do dereito de superficie, descontarase do prezo de venda o 40% das cantidades satisfeitas ata ese
momento en concepto de canon.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes para o procedemento de
adxudicación directa estará aberto dende a publicación da presente resolución na páxina web do IGVS
ata ás 14:00 horas do día 30 de abril de 2022.
Forma de presentación das solicitudes e lugar
Empregarase o modelo establecido no Anexo II da citada
resolución.
Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do
procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta
de Galicia https://sede.xunta.gal. Ditas solicitudes deberán ir dirixidas á Dirección Xeral do
IGVS.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos
medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365
).
Aqueles suxeitos non obrigadas á relacionarse electronicamente coas
Administracións pública poderán presentar a solicitude en calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das Administracións
Públicas, dirixida á Dirección Xeral do IGVS (sita na Area Central, s/n. -Polígono das Fontiñas-,
C.P. 15781, Santiago de Compostela).
Garantía:
Para participar neste procedemento requirirase constituír
previamente unha garantía do 5% do prezo da parcela, excluído o IVE, con independencia da
modalidade elixida.
Documentación complementaria:
-
Documentación acreditativa da súa personalidade xurídica e capacidade de
obrar.
-
No seu caso, documentación acreditativa de quen asume a representación.
-
Declaración responsable (Anexo III).
-
Documento acreditativo de ter constituída a correspondente garantía.
-
Certificación da conta bancaria á nome da persoa solicitante.
-
Memoria sobre o proxecto empresarial que a persoa solicitante pretende implantar
na/s parcela/s