As
Áreas de Rehabilitación de Conxuntos Históricos (ARCH) son núcleos urbáns e
cidades históricas declaradas ou non ben de interese cultural ou categoría similar da lexislación
autonómica e aqueles que teñan incoado expediente para obter as citadas declaracións. Deberán ter
aprobado un plan especial de protección, conservación e rehabilitación dos previstos na lexislación
estatal ou autonómica de protección do patrimonio histórico e ser declaradas coma tales polo
Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Acóllense ás axudas do
Real
Decreto 801/2005, do 1 de xullo (BOE do 13.07.2005) e do
Decreto
18/2006, do 26 de xaneiro, (DOG do 13.02.2006) mediante acordo da Comisión Bilateral de
Seguimento (Ministerio de Vivenda – Instituto Galego de Vivenda e Solo) para o financiamento das
actuacións na Área. Deben contar coa participación do Concello correspondente que, previamente,
solicita a declaración de
Área de Rehabilitación de Centro Histórico .
As actuacións de rehabilitación deberán axustarse ao PEPRI vixente e non se financiarán as
intervencións que supoñan baleirado das edificacións obxecto de rehabilitación. Os acordos de
financiamento destas áreas deberán incluír como parte do custo global das actuacións, o
establecemento de portelos únicos de vivenda dotados de persoal e medios suficientes para as
tarefas de información aos cidadáns, diagnóstico, preparación de documentacións técnicas de obra
menor e seguimento e supervisión das obras a realizar polos particulares. A dotación de recursos
humanos deberá especificarse neste acordos.
Os devanditos acordos de financiamento poderán incluír, se así o solicita o Concello, a
exención das seguintes limitacións: antigüidade mínima dos edificios, niveis de ingresos dos
solicitantes das axudas, metros cadrados máximos para o cómputo do orzamento protexido
(artigo 60.5 do RD 801/2005).