|
ÁREAS DE REHABILITACIÓN
Procedemento e documentación
A documentación que un concello debe achegar para acollerse á
Área de Rehabilitación estará composta por:
-
Escrito de solicitude do alcalde dirixido o director do Instituto Galego de
vivenda e solo, xunto coa seguinte documentación:
-
Certificación do pleno do concello no que se adoptou o acordo de:
- Solicitar a declaración de Área de Rehabilitación de Centro Histórico para ese ámbito.
- Solicitar acollerse ás axudas previstas para Áreas de rehabilitación de Centro Histórico no
R.D.801/2005,
do 1 de xullo e e
R.D.
18/2006, do 26 de xaneiro
- Solicitar, se é o caso, a exención, prevista no artigo 60.5 do R.D.801/2005, do 1 de xullo, de
cumprir as limitacións establecidas relativas a metros cadrados computables para o cálculo do
orzamento protexido, niveis de ingresos familiares dos solicitantes das axudas e antigüidade mínima
dos edificios.
- Solicitar a sinatura dos pertinentes acordos co Instituto Galego de Vivenda e Solo e o
Ministerio de Vivenda para a realización e financiamento das actuacións de rehabilitación e de
urbanización na dita Área.
- Autorización ao alcalde para que solicite a devandita declaración de Área e para asinar ditos
acordos.
- Documento acreditativo da declaración de centro histórico como
BIC (Ben de Interese Cultural) ou categoría similar.
-
Memoria - Programa onde se recollan os seguintes extremos:
- Plano coa delimitación da área para a que se solicita a declaración. Escala 1:500.
- Relación das rúas comprendidas dentro desta área.
- Análise do proceso de degradación física, social e ambiental e da situación actual da área
proposta (envellecemento demográfico, perda de poboación, abandono de actividades económicas, peche
de negocios, baixo nivel de ingresos dos residentes, casas abandonadas, casas en ruínas).
- De se-lo caso, programa de actuacións integrais que se prevé concertar con outras
Administracións Públicas co fin de acadar o impacto social dinamizador requirido polo espazo urbano
en proceso de degradación.
- Número total de edificios e de vivendas da zona.
- Avaliación dos niveis de deterioro dos edificios e vivendas da zona.
- Número total de vivendas e edificios (en número de vivendas) nos que é necesaria a intervención
rehabilitadora.
- Avaliación do custo estimado das actuacións de rehabilitación.
- Avaliación das actuacións de urbanización e reurbanización incluíndo, de se-lo caso, as obras
de demolición.
- Avaliación do custo das actuacións de urbanización e reurbanización incluíndo, de se-lo caso,
as obras de demolición.
- Programación das actuacións previstas.
- Dotación prevista do portelo único de vivenda e estimación orzamentaria do mesmo. A dotación
mínima respecto ao persoal do portelo será: 1 Arquitecto ou Arquitecto Técnico ou aparellador e 1
Auxiliar Administrativo..
Desta memoria se remitirán 3 exemplares dos que un estará en castelán.
- Á vista do escrito e da documentación presentada, o Instituto Galego de Vivenda e Solo
procede á declaración de
Área de Rehabilitación de Centro Histórico (ARCH) para a zona solicitada e a
notifica ao Concello e ao Ministerio de Vivenda.
- No momento no que estean dispoñibles o IGVS comunica ao Concello o número de actuacións
protexibles que serán obxecto de acordo para a primeira fase e lle solicita a documentación
complementaria adaptada ao número de actuacións.
A documentación a aportar consistirá nunha memoria - programa, nos termos do art.59.2
do R.D. 801/2005 do 1 de xullo, adaptada ao número de actuacións comunicado, incluíndo a
programación, custos, e as fontes de financiamento das actuacións que xustifiquen a viabilidade
financeira da operación, dentro das condicións e os límites das subvencións sinalados no
artigo 61.2 do citado decreto e os sinalados no decreto autonómico que o desenvolve. Farase
inclusión nestas memorias dos custes dos equipos técnicos adscritos aos portelos únicos de vivenda.
Desta memoria tamén se remitirán 3 exemplares das que unha estará en castelán.
Así mesmo o Concello deberá remitir a certificación do pleno, ou órgano de goberno que
corresponda, acreditativa da aprobación da memoria e das achegas do Concello para o financiamento
das actuacións.
Recibida a documentación analízase e, unha vez completa, envíase ao Ministerio de Vivenda.
- Sinatura do acordo no seo da Comisión Bilateral de Seguimento entre o Ministerio de la Vivenda
e o Instituto Galego de Vivenda e Solo con participación do Concello. Neste acordo concretaranse as
achegas financeiras e as súas fórmulas de pagamento, os compromisos das administracións asinantes e
as fórmulas específicas de seguimento para a liquidación efectiva da subvención.
- Unha vez asinado o acordo o concello deberá poñer en funcionamento, de se-lo caso, se non o
fixo con anterioridade, un portelo único -oficina de rehabilitación para a información, fomento,
xestión e control das actuacións e das axudas.
Para poder recibir as axudas que adianta o Ministerio será requisito indispensable, de non
telo feito con anterioridade, a colocación, á entrada da Área de rehabilitación, do cartel
informativo coa imaxe institucional según o modelo que desde a Dirección Xeral de Fomento e
Calidade proporcionase ao concello.
O Concello deberá, así mesmo, ditar unha ordenanza de regulamento das actuacións e de
convocatoria das axudas que determine, dentro dos límites da normativa estatal e autonómica que as
regula, un procedemento de distribución dos recursos que asegure os principios de obxectividade,
concorrencia e publicidade, garantindo a transparencia das actuacións administrativas. Nesta
ordenanza deberase asegurar que no procedemento de concesión das axudas actuará o Instituto Galego
de Vivenda e Solo, a través das Delegacións Provinciais, para:
- Conceder a cualificación provisional das actuacións que se pretenden realizar.
- Conceder a cualificación definitiva das actuacións unha vez rematadas as obras e con
anterioridade á proposta de concesión das axudas.
- Propor o pagamento das axudas con cargo o Instituto Galego de Vivenda e Solo e comunicar
ao Ministerio de Vivenda, as que lle corresponden para que as ingrese directamente ao concello.
Deberase remitir unha copia da Ordenanza que se pretenda aprobar polo concello, aos efectos de
comprobación, á Delegación Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
|
|