Inicio

Xunta de Galicia

ÁREAS DE REHABILITACIÓN

Axudas específicas ás Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

As axudas ás Áreas de Rehabilitación proceden de fondos tanto do Ministerio de Vivenda coma do propio IGVS

As ARI comprenden actuacións de mellora de tecidos residenciais no medio urbano e rural, recuperando funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos, barrios degradados e municipios rurais que precisen a rehabilitación dos seus edificios e vivendas, a superación de situacións de infravivenda e de intervencións de urbanización ou reurbanizacións dos seus espazos públicos (artigo 45 RD 2066/2008, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012).

As declara o Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberán cumprir as seguintes condicións xerais:
  • perímetro declarado de ARI, deberá incluír alomenos 200 vivendas (excepcionalmente, en supostos motivados, por acordo da comisión bilateral pódense admitir menos vivendas)
  • As vivendas e edificios deberán ter unha antigüidade superior a 10 anos (salvo que excepcionalmente se acorde unha inferior, motivadamente e no seo da comisión bilateral)
  • As vivendas que obtiveran axudas deste programa deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do seu propietario oi ao aluguer, alomenos durante 5 anos trala finalización das obras de rehabilitación.

 

As ARI en conxuntos históricos, ademais deberán ter sido declarados conxuntos históricos e contar cun PEPRI (que teña polo menos a aprobación inicial no momento da solicitude)
 
s ARI en municipios rurais, deberán declararse en concellos de menos de 5000 habitantes. Excepcionalmente poderán declararse en municipios con maior poboación, cando así se motive suficientemente e se acorde en comisión bilateral.
 
Acóllense ás axudas do Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro e do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, mediante acordo da Comisión Bilateral de Seguimento (Ministerio de Vivenda – Consellería de Medio, Ambiente, Territorio e Infraestruturas- IGVS) para o financiamento das actuacións na Área.
 
Hai participación do Concello que, previamente, solicita a declaración de Área de Rehabilitación Integral así como as axudas económicas correspondentes, xunto coa documentación que máis abaixo se detalla.
 
Nestas áreas protexerase a rehabilitación de vivendas e edificios e as actuacións de urbanización e reurbanización da zona que fosen necesarias.
 
 
Os acordos de financiamento destas áreas poderán incluír como parte do custo global das actuacións, o establecemento de portelos únicos de vivenda dotados de persoal e medios necesarios.
 
Os beneficiarios           

Poderán ser os promotores, os propietarios das vivendas ou edificios, os inquilinos autorizados e as comunidades de propietarios incluídos no perímetro da ARI, e os Concellos para os equipos de información e xestión, as obras de urbanización e reurbanización, e respecto ás vivendas da súa titularidade.

Os ingresos familiares non poderán exceder de 6,5 IPREM cando se trate da rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos.

2.Axudas.
Préstamos convidos
O promotor poderá obter préstamos convidos sen subsidiación, pola totalidade do orzamento protexido, cun período maximo de amortización de 15 anos (mais 3 anos de carencia).
 
Os propietarios e inquilinos poderán subrogarse neste préstamo, ou obter préstamo directo, sen subsidiación, no caso de que o promotor non tivera préstamo convido, que poderá ascender á diferenza entre o importe da rehabilitación e as subvencións concedidas. Por un prazo máximo de 15 anos, e un período de carencia de 2 anos ampliable a 3.
 
Subvencións
1.      Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda de ata un máximo do 40% do orzamento protexido (custo máximo de execución da rehabilitación computándose unha superficie útil máxima de 90 m 2 /vivenda) cunha contía media por vivenda rehabilitada de 5.000 € (que pode elevarse en centros históricos e en municipios rurais a 6.600 €, sempre que a contía total das subvencións non exceda do 50% do presuposto protexido total da ARI).
 
2.      Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Ministerio de Vivenda de ata o 20% do orzamento total das obras de urbanización e reurbanización e con límite   do 20% da subvención á que se refiere o punto anterior (que pode elevarse en centros históricos e en municipios rurais ata o 30%, co límite do 30% da subvención) .
 
3.      Unha subvención para a financiación parcial do custe dos equipos de información e xestión, cun importe máximo quen on poderá excede rdo 50% de dito custo nin do 5% do presuposto total da ARI.
 
4.      Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo de ata o 40% do orzamento protexido das obras de rehabilitación de edificios e vivendas, sen que a subvención media poida exceder de 5.000 € por vivenda rehabilitada.
 
5.      Unha subvención a fondo perdido con cargo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo de ata o 20% do orzamento das operacións de urbanización e reurbanización, sempre que a contía resultante non exceda do 20% da subvención que corresponda como consecuencia do punto anterior.
 
6.      Respecto ao total das axudas, cómpre ter en conta o límite establecido no artigo 75 da lei de Vivenda de Galicia, do 75 % do custo do orzamento protexido.