Inicio

Xunta de Galicia

ÁREAS DE REHABILITACIÓN

Tramitación das solicitudes

A tramitación das solicitudes basáse nos seguintes elos:

1.- INICIACIÓN

Os promotores das actuacións de rehabilitación que desexen acollerse a estas axudas, presentarán as súas solicitudes nos Portelos Únicos de Vivenda – Oficinas de Rehabilitación dos concellos. O Concello comprobará que as obras de rehabilitación solicitadas non están realizadas con anterioridade ao momento da solicitude E enviará  á Delegación Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo que corresponda as solicitudes supervisadas polo Portelo Único de Vivenda - Oficina de Rehabilitación para a súa cualificación  provisional xunto coa seguinte documentación:

  • Memoria das actuacións a realizar en cada edificio ou vivenda, especificando a superficie útil e asinada polo ou polos propietarios e, se é o caso, polo arrendatario ou arrendatarios, xuntando reportaxe fotográfico descritivo da edificación onde se atopa a vivenda e das zonas obxecto das actuacións de rehabilitación necesarias. Coa memoria xuntarase fotocopia compulsada do DNI do peticionario, documento que acredite a titularidade da vivenda e, se é o caso, do alugueiro e consentimento do propietario, e declaración responsable de que a vivenda se dedica ou dedicará a domicilio habitual ou permanente,  certificado de que a vivenda se atopa dentro da Área de Rehabilitación declarada, e declaración de ter solicitadas ou concedidas outras axudas para as mesmas actuacións.
     
  • Orzamento das obras desagregado para cada vivenda e por partidas (agrupadas en capítulos, contendo todas as descripcións técnicas necesarias para a súa especificación e valoración)  e, se é o caso, proxecto. Os servizos técnicos do Concello e do Instituto Galego de Vivenda, conxuntamente, fixarán os prezos unitarios máximos das partidas  de obra. Abrirase un expediente para cada vivenda.
      
  • Prazo das obras. O prazo deberá ser o suficientemente amplo e adaptado á realidade para que poida cumprirse e as obras poidan ser previsiblemente realizadas dentro del.
     
  • Licenza de obras.
     
  • No suposto de que se acometan modificacións na distribución interior das edificacións, deberán aportarse planos do estado inicial e, ao remate das obras, do estado final.
     
  • Proposta motivada do Concello de cualificación provisional do expediente. Esta proposta deberá detallar a qué fase corresponden as actuacións que se pretenden cualificar, asignándoas a esa fase, coordinando os ritmos de execución e os prazos de finalización das obras coas anualidades financeiras previstas no acordo da respectiva fase.
     
  • Para o caso de que o solicitante se acolla tamén á cédula de rehabilitación de calidade (só en núcleos ou conxuntos históricos art. 2º.2 e art. 9º.1 do D.157/2006 do 7 de setembro), xuntarase así mesmo dita solicitude coas fotografías e demais documentación específica correspondente, sen que sexa necesario duplica-la que sexa común a ambos los dous expedientes.
      

2.- CUALIFICACIÓN PROVISIONAL 

  • Supervisión polos servizos técnicos e administrativos do Instituto Galego de Vivenda e Solo da documentación presentada e cualificación provisional expedida pola Delegación Provincial, se o informe é favorable, ou devolución do expediente se é necesario proceder a súa subsanación.

    O feito de que as obras de rehabilitación solicitadas estivesen realizadas con anterioridade ao momento da presentación da solicitude no Concello, será motivo da denegación da cualificación provisional, según o determinado no artigo 55º.3 do D.18/2006. 
     
    • A Delegación Provincial envía as cualificacións provisionais ao concello e este as comunica aos interesados.
    • As resolucións de conformidade da cédula de rehabilitación de calidade díctanse ao abeiro da súa propia normativa e as envía a Delegación provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo directamente aos interesados.   
          

3.- REMATE DAS OBRAS

  • Certificada a finalización das obras realizadas dentro do prazo concedido na cualificación provisional, ou na prórroga solicitada dentro do prazo e autorizada, expedirase polo técnico municipal competente a correspondente certificación da obra executada, e así mesmo certificado do Secretario/a do concello de ter sido aprobada dita certificación polo concello.

    Os  técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de acordo cos do Concello, poderán colaborar nas comprobacións oportunas e, se é o caso, dar o Vº e Prace á certificación antes de que sexa aprobada polo Concello. Este certificado do concello deberá presentarse debidamente detallado, indicando o acordo ao que se refire e as subvencións que se propoñen con cargo ao Ministerio de Vivenda e o Instituto Galego de Vivenda e Solo.
      

4.- CUALIFICACIÓN DEFINITIVA

  • Aprobada a certificación de obra polo Concello e acreditado polo mesmo que as obras se efectuaron dentro do prazo, ao abeiro do acordo de área de rehabilitación, e logo dos informes pertinentes, expedirase a resolución de cualificación definitiva, que será enviada pola delegación provincial ao Concello para que este a comunique ao interesado. Será causa de denegación non executar as obras dentro do prazo concedido ou da prórroga autorizada según o establecido no artigo 56º.3 do D.18/2006.
      
  • Para o caso de  expedientes de cédula de rehabilitación de calidade expedirase a concesión da cédula según a súa propia normativa, e a Delegación Provincial a notificará directamente ao interesado.
      

5.- TRAMITACIÓN DA CONCESIÓN E DO PAGAMENTO

  • Remitiranse por parte da Delegación Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo aos servizos centrais as oportunas propostas de concesión de subvencións  para a tramitación do pagamento das subvencións autonómicas e para comunicar ao Ministerio de Vivenda as que lle correspondan.
     
  • As resolucións de concesión, unha vez adoptadas e nviaránse á Delegación provincial para que esta as comunique ao concello e este aos interesados.  
      

6.- PAGAMENTO

  • Ministerio de Vivenda ingresará directamente ao Concello o importe das subvencións concedidas con cargo ao Estado e o concello as fará chegar aos interesados.
     
  • A Comunidade Autónoma ingresará directamente ao concello as subvencións con cargo a fondos autonómicos e o concello as fará chegar aos interesados.