Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Alugar unha vivenda » Programa Aluga » É demandante » Vantaxes

Novidades para os inquilinos

As principais novidades que presenta o Programa Aluga en relación cos inquilinos son as seguintes:
  • Amplíanse os tramos de ingresos dos potenciais beneficiarios ata 3,5 veces o IPREM, para harmonizalo con outras actuacións en materia de vivenda protexida.
  • Para determinar os importes máximos da renda das vivendas alugadas téñense en conta as zonas territoriais onde se encontren as vivendas, establecendo tres zonas coma no Plan de Vivenda 2009-2012: zona territorial de prezo máximo superior, zona 1 e zona 2, establecidas para a determinación dos prezos das vivendas protexidas.
  • Para adecuar o prezo da renda aos ingresos e asegurar un certo grado de solvencia, establécense novos límites de renda segundo tramos de ingresos dos inquilinos:
 
PREZO MÁXIMO DO ALUGUEIRO (euros por mes)
INGRESOS MÁXIMOS DOS BENEFICIARIOS (veces o Iprem)
400
Ata 1,5
550
Máis 1,5 ata 2,5
600
Máis de 2,5 ata 3,5

 

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.