Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Alugar unha vivenda » Programa Aluga » É demandante » Axudas ao aluguer

Axudas a inquilinos

A porcentaxe de subvención ao aluguer vai desde o 30% ata o 70%, mentres no antigo programa de vivenda al alugueiro a subvención máxima era do 60 por cento.
A contía da axuda fixase en atención a porcentaxes máximos sobre a renda mensual do aluguer, segundo tramos de ingresos e colectivos:
 
TRAMOS
COLECTIVOS XERAIS
Ata 1 IPREM
70%
Desde 1 ata 2 IPREM
60%
Desde 2 ata 2,5 IPREM
50%
Desde 2,5 ata 3,5 IPREM
30%

 

No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero a subvención incrementase en 10 puntos porcentuais, de maneira que irán do 40 ao 80 por cento.
A axuda concédese por un período de doce meses poderá solicitarse ata un máximo de cinco anualidades.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.