Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Axudamoste » Alugar unha vivenda » Programa Aluga » É demandante » Requirimentos para ser demandante

Condicións dos beneficiarios

Para acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o IPREM) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante.
  • Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, “ Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga”)
  • Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda
  • Estar ao corrente na súas obrigas tributarias
  • Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Non estar recibindo axudas para o alugueiro da Xunta de Galicia.Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibiran axudas para o alugueiro durante cinco anos, excepto cando xa transcorreran dous anos dende a última mensualidade subvencionada.

 

No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o IPREM e os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes:

Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes:

  • Menores de 35 anos e maiores de 65
  • Familias numerosas.
  • Familias monoparentais con fillos.
  • Persoas separadas ou divorciadas, ao corrente no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, no seu caso.
  • Os considerados “colectivos cualificados” que se definen a continuación

 

Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores a presentación da solicitude.
  • Perceptores da Renda de Integración Social (RISGA).
  • Perceptores de pensións.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.