Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Promoción / Autopromoción » Construción para uso propio de vivendas de protección autonómica

Construcción para uso propio de vivendas de protección autonómica

En virtude da disposición adicional primera do Decreto 18/2014, de 13 de febrero, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia..

En canto non se produza o desenvolvemento da regulación das vivendas de protección autonómica da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, poderán cualificarse vivendas conforme o procedemento previsto no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012. O procedemento e o réxime xurídico das vivendas será o previsto na Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e no seu defecto no citado Decreto 402/2009.

As resolucións de cualificación de vivendas protexidas non implicarán financiamento por estar rematada a vixencia do Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012 e non estaren recollidas como actuacións financiables no Real decreto 233/2013, do 5 de abril. Os prezos máximos das vivendas protexidas serán os establecidos no antedito Decreto 402/2009.

PROCEDEMENTO

1º paso: A autopromoción de vivendas

2º paso: Prezos máximos vivendas

 

1º paso: A AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA

¿Que é a autopromoción?

Autopromoción é cando o propietario realiza a construción da súa propia vivenda.

¿Qué debe indicar na súa solicitude? Debes indicar que solicita:

1) A declaración provisional  de vivenda de protección autonómica para a vivenda que pretende construír, tendo en conta que, dependendo dos seus ingresos, hai 3 tipos de rexímenes de vivendas.

  • Réxime especial. Se ten ingresos que non exceden de 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
  • Réxime xeral. Se ten ingresos que non exceden de 4,5 veces o IPREM.
  • Réxime concertado. Se ten ingresos que non exceden de 6,5 veces o IPREM.

 

Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :

Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.

Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.

Nunha ficha aparte atopará a táboa de ingresos máximos

 

 

Ir ao comezo

2º paso: PREZOS MÁXIMOS DA VIVENDA

Hai que ter en conta o seguinte:

O prezo máximo da vivenda será o valor da edificación sumado ao do solo que figure na declaración de obra nova e incluirá os pagos que sexan imputables ao custe da vivenda, por ser precisos para levar a cabo a promoción e a individualización física e xurídica desta.

Se entenderán por gastos necesarios: os honorarios de xestión, os de escrituración e inscrición do solo, os de declaración de obra nova e división horizontal, así como os do préstamo hipotecario, seguros de percepción de cantidades a conta e outros análogos.

O prezo  máximo da vivenda non pode superar os prezos por m2 de superficie útil indicados nunha ficha aparte.

Ir ao comezo

Réxime legal das vivendas

Destino. A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu propietario.

Duración. O réxime de  protección das vivendas será o que conste na cualificación definitiva.

 

Transmisión da propiedade :

A venta destas vivendas so poderá efectuarse a persoas que cumpran cos requisitos establecidos e por un prezo máximo fixado polo IGVS.

As vivendas estarán sometidas ós dereitos de adquisición preferente, tanteo e retracto da administración.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.