Deberán inscribirse nel todas as persoas que estean interesadas en acceder a vivendas protexidas
e reúnan os requisitos de acceso para cada tipo de vivenda. Só se admitirá unha solicitude por
unidade familiar ou de convivencia, independentemente de que estea composta por unha ou varias
persoas.
O/a solicitante
na súa inscrición deberá indicar:
1.O tipo de vivenda ao cal opta
O Rexistro consta de tres seccións diferenciadas:
SECCIÓN 1ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública promovidas polo Instituto Galego
da Vivenda e Solo.
SECCIÓN 2ª Vivendas de Protección Oficial de Promoción Pública de Núcleos Rurais e Cascos
Históricos.
SECCIÓN 3ª Vivendas Protexidas de Promoción Privada ou Pública promovidas por outros promotores
públicos : réxime especial, xeral e concertado, e aloxamentos protexidos.
2. O réxime de adxudicación que sinale como preferente : compra, aluguer, ou aluguer con opción
de compra.
3. O concello: Poderase sinalar un máximo de tres concellos: un como preferente e dous máis como
subsidiarios, que deben ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de
influencia. Para inscribirse como demandante de vivendas de protección oficial de promoción pública
promovida polo IGVS, (SECCIÓNS 1ª e 2ª) o concello será necesariamente o de residencia ou de
traballo.
Se o/a solicitante reúne os requisitos para ser beneficiario/a de máis tipos de vivenda , poderá
solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias.
Estas terán a consideración de anotacións.