A PROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA REALIZADA POR
COOPERATIVAS
Plan de Vivenda 2009-2012
PROCEDEMENTO
I) As cooperativas
II) Pasos para seguir
III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás axudas
I) AS COOPERATIVAS DE VIVENDAS PROTEXIDAS
¿Que é unha cooperativa de vivendas?
É unha asociación de persoas que se xuntan para desenvolver un proxecto inmobiliario
distribuíndo proporcionalmente os gastos e os ingresos que produzan entre a totalidade dos
socios, segundo se fixe nos estatutos que rexen a sociedade cooperativa e cuxo obxecto social é
proporcionarlles vivendas ou locais aos seus propios socios.
¿Como funcionan as cooperativas de vivendas?
Os propios socios da cooperativa son os promotores das vivendas que lles serán adxudicadas a
súa finalización.
As cooperativas adoitan designar unha
entidade xestora qué é a encargada de realizar as xestións e os traballos
necesarios para a construción das vivendas.
Antes de facerse socio dunha cooperativa
debe comprobar:
- Que esté inscrita no
Rexistro de Cooperativas.
- A copia dos estatutos, analizando os dereitos e deberes para facerse socio.
- A titularidade do solo, o proxecto e o seu coste.
Lexislación aplicable : Lei 5/ 1998 de 18 de decembro, de Cooperativas de
Galicia.
Ir ao comezo
II) PASOS A SEGUIR
1º paso: Incorporación nunha Cooperativa de vivendas.
2º paso: A cooperativa, ten que solicitar a cualificación provisional das vivendas como
protexidas mediante a presentación do modelo de solicitude
que aparece na paxina web do Instituto galego da Vivenda e Solo (IGVS) (www.igvs.es), e achegar a documentación que nel se
indica (pódese obter máis información no folleto “A promoción de vivendas protexidas”).
A cooperativa ten que presentar a relación de todos os seus socios, incluídos os de reserva.
Respecto deles indicará o seu nome e apelidos, o seu número de identificación fiscal e a
documentación que permita comprobar que cumpren as condicións que se esixan para acceder á vivenda
protexida.
Todos os socios que se admitan na cualificación provisional cumprirán os requisitos, os
restantes quedarán fora. Para ditar esta cualificación polo menos deben cubrirse o 80% das
vivendas.
Se a cooperativa non cubre o 100% das vivendas ten que solicitar socios ao Rexistro de
Demandantes.
3º paso: Adxudicación da vivenda ao socio cooperativista.
Unha vez adxudicada a vivenda, ten que asinar o contrato correspondente e a xestora
remitirallo ao IGVS para que extendan o visado.
Ir ao comezo
III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás
vivendas
Para acceder ás vivendas ten que cumprir os seguintes
requisitos:
1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre
algunha vivenda suxeita a protección pública
en
España.
2)Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu
uso por causas que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma,
determinado segundo o imposto de transmisións patrimoniais, exceda do
40% do prezo da vivenda que pretende construír. Este límite pasará a ser do
60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as
familias que as teñan ao seu cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao
corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
3) Que a persoa beneficiaria
resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de
Galicia.
4)Ten que ter uns
ingresos mínimos (0,7 IPREM) (ver cantidade equivalente na ficha de prezos e
ingresos)
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que
teña (Réxime Especial 2,5 veces o IPREM, Réxime Xeral 4,5 veces o IPREM ou Réxime Concertado 6,5
veces IPREM).
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares
:
Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casillas 455 e 465 da última declaración da
renda co prazo de presentación vencido.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS
computará como se houbera un membro máis.
Cadro de equivalencias IPREM/ euros: Consúlteo na ficha de ingresos e prezos
Ir ao comezo
Teléfonos de axuda e direccións de interese:
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
|
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
|
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
|
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
|
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
|
|