Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rexistros » Censo de Vivendas Baleiras

Realoxos

Censo de Vivendas Baleiras

O Decreto polo que se crea o Censo de Vivendas Baleiras foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro de 2016. Este censo permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas.


Deberán inscribirse no censo as vivendas baleiras situadas en concellos de máis de 10.000 habitantes que sexan de titularidade de entidades de crédito e de entidades de xestión de activos, en edificios de tipoloxía residencial colectiva e complexos inmobiliarios (bancos e SAREB).

A petición dos propietarios das vivendas poderán inscribirse no censo, con carácter voluntario, o resto das vivendas non obrigadas a inscribirse.

Para favorecer a ocupación destas vivendas o IGVS impulsará convenios cas entidades para utilizar as vivendas para realoxos e desafiuzamentos, realizará funcións de intermediación entre as entidades financeiras e os demandantes inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda, poderá incorporar as vivendas baleiras a calquera dos programas existentes no IGVS, etc.

Proximamente estará dispoñible o sistema para a inscrición a través da web da Xunta de Galicia.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.