O artigo 2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
habilita a este para a venda do seu patrimonio.
De conformidade coa disposición adicional terceira da dita lei de creación no non previsto nela
terase en conta o disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Ante a ausencia dunha regulación do alleamento dos bens non destinados ás funcións especificas
do IGVS no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións
promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, é aplicable a Lei 5/2011, de 30 de setembro,do
Patrimonio de Galicia e a súa norma de execución, o Decreto 50/1989, do 9 de marzo.
O alleamento pódese realizar polo procedemento de poxa pública de acordo co artigo 76 da Lei do
Patrimonio de Galicia e artigo 64 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o
Regulamento do patrimonio da comunidade autónoma galega.