Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Vivendas de promoción pública nova » Definición, normativa, directorio e outras consideracións » Réxime de protección. Duración e extinción

Réxime de protección. Duración e extinción

O artigo 60 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o réxime de protección das VPP terá unha duración de 30 anos desde a data da cualificación definitiva.
 

Non obstante, unha vez transcorrido o prazo sinalado, as VPP manterán o seu réxime de protección mentres:

  • Sexan de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
  • Os seus titulares teñan cantidades pendentes de pagamento ao IGVS.
  • Se manteñan vixentes os contratos de copropiedade sinalados no artigo 51 da Lei 8/2012.

 

O artigo 61 da Lei 8/2012 establece que o réxime de protección extinguirase unha vez transcorran os ditos 30 anos. Será necesaria ademais unha declaración administrativa emitida polo IGVS declarando tal circunstancia.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.