Inicio

Xunta de Galicia

Clasificación

As VPP do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) clasifícanse en:
 
  • Vivendas protexidas de promoción pública de réxime ordinario.
  • Vivendas protexidas de promoción pública concertadas .
  • Vivendas cualificadas en núcleos rurais e barrios históricos .
  • Vivendas protexidas de promoción pública de inserción ou asistenciais .
 
Vivendas protexidas de promoción pública de réxime ordinario
 
Son as vivendas promovidas, adquiridas, renovadas ou rehabilitadas polo IGVS en execución das súas competencias en materia de vivenda non incluídas en ningunha das categorías que a continuación se describen.
 
Vivendas protexidas de promoción pública concertadas
 
(Artigo 48 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia)
 
O IGVS poderá establecer formas de concerto ou colaboración con persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, para satisfacer as necesidades de VPP nos municipios onde exista unha demanda acreditada deste tipo de vivenda.
 
Consonte o procedemento e cumprindo as condicións de calidade e prezo máximo que se establezan regulamentariamente, o IGVS poderá cualificar como VPP as vivendas promovidas por un promotor público ou privado, co obxecto de adxudicalas entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
As vivendas estarán sometidas ao mesmo réxime xurídico ca as promovidas directamente polo IGVS.
 
 
Vivendas cualificadas en núcleos rurais e barrios históricos
 
As promovidas polo IGVS co fin de acadar o acondicionamento do contorno e a rehabilitación de vivendas situadas en núcleos rurais en estado de abandono ou semiabandono ou en barrios históricos de poboacións, sempre que estivesen orientadas á mellora, conservación e recuperación do patrimonio destas zonas ou revistan un interese específico arquitectónico, social ou urbanístico.
 
Para saber das peculiaridades do seu procedemento de adxudicación ver os artigos 28 a 32 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo IGVS.
 
 
Vivendas protexidas de promoción pública de inserción ou asistenciais
 
 

O IGVS, en cumprimento das políticas de inclusión e cohesión social, poderá establecer liñas concretas de actuación ou formas de colaboración con administracións públicas ou entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo actividades e programas de carácter social, para que poidan dispoñer de vivendas e destinalas a persoas que requiran especial atención polas súas circunstancias persoais, económicas ou sociais.

 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.