Segundo o
artigo
63 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, poderán acceder a unha VPP as persoas
que, carecendo dunha vivenda en propiedade cumpran os
requisitos
que regulamentariamente se establezan. Mentres a dita lei non sexa desenvolvida, estarase
ao disposto nos
artigos
10 e 11 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións
promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo:
-
Persoas físicas, nacionais ou estranxeiras,
maiores de idade e con capacidade de obrar que, como titulares dunha unidade familiar, reúnan os
seguintes requisitos
:
-
Persoas galegas que residan fóra de Galicia e que
desexen retornar ou as que xa retornasen que reúnan os seguintes requisitos
:
-
Atoparse
inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de
Galicia.
-
Acreditar os
ingresos ponderados anuais totais que sinala a normativa para cada tipo de vivenda
(a súa elección poderán optar polo indicador público de rendas de efectos múltiples vixente en
España ou no seu país de residencia).
-
Acreditar
residir ou haber residido fóra de Galicia por tempo non inferior a 5 anos.
Existen unha serie de
excepcións
ao cumprimento destes requisitos
que se poden atopar nos
artigos
63 e 64 da Lei 8/2012 e nos
artigos
10 e 11 do Decreto 253/2007 (nota: artículo 10.I.3 parcialmente derogado).