Vivendas
adxudicadas en réxime de compravenda
As VPP pagaranse aprazando a totalidade do prezo (non hai que pagar entrada), que producirá un xuro máximo anual do 5% , por medio
dun
préstamo a 25 anos en cotas mensuais integradas por capital e xuros.
Antes da sinatura das escrituras e da entrega das
chaves, as persoas adxudicatarias deberán depositar no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a
cantidade que o organismo lles comunique. A dita cantidade equivale ao importe estimado do IVE, os
honorarios do notario e o rexistro da propiedade. Posteriormente á sinatura das
escrituras, inscrición no rexistro e liquidación do IVE, o IGVS lles remitirá a documentación
acreditativa e a liquidación. En caso de que a cantidade depositada superase o importe destas
operacións, o IGVS devolveralle a diferencia.
Os/as adxudicarios/as recibirán unha
axuda directa do 30 ou do 40% do prezo da vivenda en función dos ingresos da
unidade familiar ou convivencial (ver prezo de venda/renda).
Vivendas
adxudicadas en réxime de aluguer
Os/as adxudicatarios/as recibirán unha
axuda directa do 30, 40 ou 50% do prezo da vivenda, en función dos ingresos
familiares (ver prezo de venda/renda).
É preciso, segundo á normativa de arrendamentos
urbanos, constituír á disposición do IGVS en concepto de
fianza unha mensualidade de renda con carácter previo á formalización do
contrato.
Os
gastos de comunidade na proporción que corresponda serán de conta da persoa
arrendataria da vivenda e, de ser o caso, os
gastos do imposto sobre bens inmobles.