O IGVS asinou convenios de colaboración con varias entidades financeiras coa finalidade de
solucionar as necesidades residenciais de persoas afectadas por execucións hipotecarias. Os
convenios asináronse con Abanca o 6 de xullo de 2015, Caixa Rural Galega o 7 de xullo, e Banco de
Sabadell en setembro de 2015, e previsiblemente se adherirán máis entidades.
Estes convenios teñen un dobre obxecto:
Posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución
hipotecaria instados pola propia entidade
As entidades financeiras comprométense a poñer en coñecemento do IGVS todos os casos de
execucións hipotecarias nos que estea autorizado xudicialmente o lanzamento, dirixidas contra
persoas físicas ás quen non lles resulten de aplicación as medidas contidas na lexislación estatal
de protección de debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social.
Asemade, as entidade de crédito comprométense a non facer efectivo o lanzamento ata que se
acade unha solución que permita a permanencia da familia afectada na vivenda que viñan ocupando
como vivenda habitual e permanente.
Os afectados poderán permanecer na vivenda durante o prazo dun ano, prorrogable ata un máximo de
tres anos pagando un alugueiro mensual que non superará os 75 euros e deberán asumir os gastos de
mantemento das condicións de habitabilidade da vivenda.
Para acollerse a esta medida os afectados deberán cumprir dúas condicións:
a) Que se trate da execución hipotecaria da única vivenda da unidade familiar e que ao mesmo
tempo constitúa a residencia habitual e permanente do debedor hipotecario.
b) Que os ingresos ponderados da unidade familiar non sexan superiores a 4 veces o Indicador
Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM). Para a ponderación seguirase o seguinte baremo, en
función do número de mebros que a integran:
Número de membros da unidade familiar
|
Ingresos máximos €/ano
|
Número de veces Iprem
|
1
|
11.182,71
|
1,50
|
2
|
14.910,28
|
2,00
|
3
|
18.637,85
|
2,50
|
4
|
22.365,42
|
3,00
|
5
|
26.092,99
|
3,50
|
6
|
29.820,56
|
4,00
|
Entenderase por unidade familiar aos efectos do establecido no apartado anterior os
seguintes:
- Si fose unha persoas, deberá ser necesariamente o debedor hipotecario.
- A unidade familiar de dúas ou máis persoas deberá estar composta polo debedor hipotecario, e no
seu caso polo seu cónxuxe ou parella de feito inscrita, e parentes economicamente dependentes, que
sexan ascendentes ou descendentes directos.