Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Convenio coa SAREB

Realoxos

Convenio coa Sareb

Con data 17 de marzo de 2015, asinouse un convenio coa Sareb co obxecto de que o IGVS poda dispoñer de vivendas desta sociedade con destino a aluguer social para as persoas con maiores dificultades e de forma especial para os afectados por execucións hipotecarias.

As adxudicacións realizaranse en réxime de aluguer coas seguintes condicións:

  • O contrato terá una duración inicial de tres anos, prorrogable anualmente (o primeiro ano co IGVS e despois coa SAREB, salvo prórroga do convenio de cesión a este organismo).
  •  A renda mensual a pagar é a prevista para as vivendas de promoción pública, aproximadamente entre 80 e 150 euros. No caso de que o importe resultante superara o 30% dos ingresos netos da unidade familiar arrendataria adecuaríase tomando a dita porcentaxe como tope máximo de importe a pagar.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.