Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Programa Reconduce

Realoxos

Programa Reconduce

A Xunta de Galicia, puxo en marcha o 3 de outubro de 2013 o Programa Reconduce, cun enfoque preventivo e coa finalidade de crear un marco de coordinación dos servizos das diferentes consellerías que se poñen a disposición para dar apoio ás persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento.

A través deste programa, a Xunta de Galicia procura dar unha resposta específica para a abordaxe destas situacións de risco de desafiuzamento mediante a prestación integrada de servizos de asesoramento xurídico e económico ás familias afectadas, que inclúe a realización de actuacións de mediación coas entidades financeiras e cos arrendadores, así como o redeseño da economía familiar, atención social específica, apoio psicolóxico, orientación laboral e, cando se reúnan os requisitos específicos, xestión da asistencia xurídica gratuíta e busca de vivenda alternativa.

Teléfonos:

881 996 116 - 881 996 117 - 881 996 118 - 881 996 119 - 881 996 120 

Correo electrónico: oficinacentral.programareconduce@xunta.es

Ligazóns relacionadas

Ligazóns relacionadas

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.