O 8 de abril de 2013 asinouse un Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de
Galicia e a FEGAMP (enlace pdf)
co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar os casos de
especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento de vivenda familiar e adoptar
medidas de carácter social e de realoxo que evite os efectos da perda de vivenda.
Ao abeiro deste convenio faise posible que os xulgados suspendan a execución dun desafiuzamento
por execución hipotecaria, cando existe unha situación de vulnerabilidade social, durante un prazo
de dez días hábiles para permitir que os servizos sociais municipais e os autonómicos poidan
adoptar as medidas de protección social necesarias para responder adecuadamente á dita
situación.