O Convenio ten por obxecto regular a colaboración entre as partes, a efectos de crear as
canles de información necesarias para remediar que persoas en situación de desamparo perdan a súa
vivenda ou, no seu caso, consigan, ao abeiro dos programas de axuda existentes, un inmediato
realoxo en vivendas a disposición da Xunta de Galicia ou accedan ás axudas para o alugueiro de
vivendas:
-
Os avogados prestan gratuitamente un servizo de asesoramento e orientación
xurídica aos cidadáns que acrediten carencia de recursos económicos en canto a todos aqueles
aspectos referidos a trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos
dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento
de execución hipotecaria, polo impago da renda de aluguer ou por calquera outra circunstancia
imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e
permanente.
-
O Consello da Avogacía Galega presta asesoramento sobre todos os programas de
axudas aprobados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo que teñan por obxecto evitar a perdida da
vivenda a persoas que estean en situación de desamparo, así como daqueles outros que estean
orientados a solucionar o problema do seu realoxo.
-
O Consello da Avogacía Galega realizará un seguimento a nivel autonómico da
conflitividade xurídica e da eficacia das medidas existentes no ámbito xurisdicional en materia de
vivenda e desafiuzamentos en particular.
-
O Consello da Avogacía Galega, promoverá e tramitará procedementos de
mediación coma medio preferente de resolución de conflitos, a través dos servizos dos Colexios onde
poidan estar previamente implantados, e con carácter gratuíto para os solicitantes.
O servizo poderá solicitarse mediante as seguintes vías:
- completando o formulario dispoñible no enlace web
http://avogacia.gal/form
vivenda/
- chamando ao teléfono gratuíto 900 121 121
- contactando directamente co Colexio de Avogados correspondente:
A Coruña
Cita previa: Email: carlosdelolmo@icacor.es COLEXIO DE AVOGADOS Federico Tapia,
11, baixo 15005 – A Coruña. Telf.: 981 126 090 Internet:
http://www.icacor.es
Horario de atención ao público: Venres, de 10 a 13 horas.Con cita previa.
Ferrol
Cita previa: Email: icaferrol@avogacia.org COLEXIO DE AVOGADOS Coruña, 60-62,
baixo 15401 – Ferrol. Teléfono: 981 354 705 Internet:
http://www.icaferrol.es/
Horario de atención ao público: Venres, de 10 a 13 horas. Con cita previa.
Santiago de Compostela
Cita previa: Email: icas@icasantiago.org COLEXIO DE AVOGADOS Eduardo Pondal, 4,
baixo 15072 – Santiago de Compostela. Telf.: 981 581 713 Internet:
http://www.icasantiago.es
Horario de atención ao público: Mércores, de 10 a 14 horas. Con cita previa.
Lugo
Cita previa: Email: icalugo@avogacia.org COLEXIO DE AVOGADOS Pascual Veiga, 2
27002 – Lugo. Telf.: 982 241 007 Internet:
http://www.icalugo.org
Horario de atención ao público: Xoves, de 10 a 13 horas. Con cita previa.
Ourense
Cita previa: COLEXIO DE AVOGADOS E SERVIZO DE ORIENTACIÓN XURÍDICA Concello, 22
32003 – Ourense. Telf.: 988 210 076 Internet:
http://www.icaourense.org
Horario de atención ao público: Venres, de 10 a 13 horas. Con cita previa.
Pontevedra
Cita previa: Email: cabogados@icapontevedra.es COLEXIO DE AVOGADOS Raíña Victoria,
9, baixo 36001 – Pontevedra Telf.: 986 896 866 Internet:
http://www.icapontevedra.es
Horario de atención ao público: Venres, de 10 a 13 horas. Con cita previa.
Vigo
Cita previa: Email: colexio@icavigo.org DEPENDENCIAS COLEXIAIS NOS XULGADOS Lalín,
4 36209 – Vigo. Telf.: 986 208 111 Internet:
http://www.icavigo.es
Horario de atención ao público: Luns, de 10 a 13 horas. Con cita previa.
No seguinte enlace web poderán atoparse as vías e datos de contacto
http://avogacia.gal/vivenda18/ para
acceder ao asesoramento.
O Consello da Avogacía Galega realizará un seguimento a nivel autonómico da conflitividade
xurídica e da eficacia das medidas existentes no ámbito xurisdicional en materia de vivenda e
desafiuzamentos en particular.
O Consello da Avogacía Galega, promoverá e tramitará procedementos de mediación coma medio
preferente de resolución de conflitos, a través dos servizos dos Colexios onde poidan estar
previamente implantados, e con carácter gratuíto para os solicitantes.