Obxecto
Apoiar ao financiamento das actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio
construído que realicen os concellos de menos de 50.000 habitantes, por medio de préstamos sen
xuros e aprobar o procedemento de disposición e reintegro das cantidades integrantes do citado
fondo.
Dotación do fondo de cooperación
O fondo de cooperación dotarase cun importe máximo de 10.000.000 € que proveñen do depósito
obrigatorio das fianzas respectando a disposición máxima prevista legalmente.
Obras que se poden financiar
Con cargo ao fondo de cooperación poderán financiarse as seguintes actuacións:
- Actuacións promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a
lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
- Actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias
políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construido.
- Adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
- A elaboración de plans especiais de protección
Procedemento de disposición de fondos
O IGVS publicará anualmente resolucións de convocatoria nas que se fixarán o procedemento,
condicións e criterios para o acceso ao financiamento, total ou parcial, das actuacións con cargo
ao fondo de cooperación e se abrirá un prazo de presentación de solicitudes.
O concello que desexe acollerse a este mecanismo presentará a correspondente solicitude que, de
ser aprobada conforme ao procedemento previsto na convocatoria, se materializará na sinatura dun
convenio de financiamento con cargo ao fondo de cooperación. No citado convenio constarán as
actuacións a realizar, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e as demais
condicións para o acceso ao fondo.
Ningún concello poderá realizar unha solicitude de disposición nin acumular a través de
diferentes convenios de financiamento máis do 25 % do total do importe co que está dotado o
fondo.
En todo caso, o concello deberá aceptar expresamente no convenio de financiamento a posibilidade
de compensación e retención das achegas vencidas e non pagadas con cargo ao Fondo de Compensación
Local e se comprometerá a incluír nos orzamentos dos exercicios seguintes, con cargo aos ingresos
correntes, as anualidades previstas no convenio para a reposición dos fondos,