DESCRICIÓN E ÁMBITO DA ACTUACIÓN
A actuación que se pretende realizar consiste na rehabilitación enerxética de os
edificios de vivendas de protección promovidas polo IGVS, mediante obras de mellora do illamento da
envolvente (fachadas e/ou cubertas) e a redución das pontes térmicas, mellora das carpinterías
existentes e/ou mellora das instalacións térmicas co obxecto de reducir o seu consumo enerxético e
as emisións de carbono.
O ámbito da actuación, de acordo co Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020, será nos
edificios de vivendas protexidas promovidas polo IGVS de titularidade do IGVS.
PROCEDEMENTO E XESTIÓN DA ACTUACIÓN
A actuación canalizarase como investimento directo da Administración Pública e
será xestionada polo IGVS, o que acometerá a contratación das obras e demais contratos de servizos
complementarios necesarios para a execución das operacións desta actuación.
Para cada edificio no que se realicen obras de mellora será necesario facer un contrato de
redacción de proxecto, contrato de obra, e contrato de dirección de obra e dirección de execución.
Coa redacción de proxecto encargarase unha auditoría enerxética para determinar con maior precisión
a porcentaxe de aforro de enerxía.
A xestión da contratación pública realizarase conforme aos principios establecidos na lei de
contratos do sector publico e demais lexislación estatal ou autonómica aplicable.
Se seguirán os requisitos de información e publicidade de conformidade co previsto no
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo
que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao
Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao
Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo
Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) n.º 1083/2006 do Consello.
Asegurarase a transparencia, a concorrencia, a obxectividade, a igualdade e non
discriminación no tratamento das solicitudes de acceso aos resultados da licitación.