O IGVS é un dos xestores do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro
do obxectivo temático 4 "Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisións de carbono en
todos os sectores" e a prioridade de investimento PI4.3 Apoio da eficiencia enerxética, da xestión
intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas públicas, incluídos os
edificios públicos e nas vivendas.
Co obxecto de contribuír ao logro dos obxectivos específicos definidos no marco da prioridade
do investimento, financiarase con Fondos Europeos a seguinte operación:
MEDIDAS DESTINADAS Á REHABILITACIÓN DA ENVOLVENTE DAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL PARA
REDUCIR AS EMISIÓNS DE CARBONO E O CONSUMO ENERXÉTICO
Para lograr os obxectivos desta operación, o IGVS participa a través dunha actuación directa
nas vivendas protexidas promovidas por este organismo, outra actuación a través de axudas a
concellos para a rehabilitación enerxética de vivendas da súa titularidade e una terceira actuación
a través de axudas á comunidades de propietarios/as de vivendas protexidas promovidas polo
Instituto Galego da Vivenda e Solo.
-
Actuacion 4.1.3.4 Rehabilitación de edificios de vivendas protexidas
promovidas polo IGVS, para reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético
-
Actuación 4.3.1.5 Rehabilitación de edificios de vivendas de titularidade
municipal, co obxecto de reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético
-
Actuación 4.3.1.6 Ayudas á rehabilitación de edificios de vivendas protexidas
polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, co obxecto de reducir as emisións de carbono e o consumo
enerxético